O A7V foi un carro de combate introducido por Alemaña en 1918, preto do final da primeira guerra mundial. Foron pedidos un cento de vehículos a principios dese ano, pero só 20 serían entregados. Usáronse en combate dende marzo ata outubro e foron os únicos carros de combate alemáns utilizados durante o conflito.