O alcanforeiro[1], tamén coñecido como alcanforeira ou canforeira[2] (Cinnamomum camphora), é unha árbore da familia das lauráceas que acada dimensións de até vinte e cinco metros de altura, de copa piramidal e follas alternas, orixinaria de Extremo Oriente, da madeira do cal se obtén o alcanfor por destilación.
A planta procede do Extremo Oriente, sendo moi común na China, no Xapón e en Taiwán. Cultívase tamén en numerosos países de clima cálido e nas rexións costeiras do Pacífico nos Estados Unidos.
É unha árbore grande que pode acadar os vinte e cinco metros de altura coas pólas febles. As folla son persistentes, alternas, pecioladas, de forma ovalada, coriáceas e acuminadas, de cor verde brillante e con tres nervios principais que presentan na súas axilas unhas pequenas glanduliñas. As flores son brancas amarelentas e aparecen en maio-xuño agrupadas en panículascorimbosas dispostas nas súas axilas. O froito é unha baga en forma de globo de cor arroibada que torna a negro cando vai chegando.
En grandes doses é narcótico e irritante, porén, en doses miúdas é sedante, antiespasmódico, diaforético, antihelmíntico e balsámico.
En aplicación externa pode aliviar as dores de cabeza e neuralxias. (preferentemente con alcol alcanforado).
Tamén se utiliza o alcol alcanforado para aliviar as dor de moas.
Cómpre utilizarse baixo control médico pois a súa intoxicación produce dor gástrica e vómitos, febleza e rixidez muscular. Os paxaros son moi sensíbeis aos seus vapores e se se expoñen a eles poden finar en só 15 minutos.[3]
Cinnamomum: nome xenérico que provén do gregoKinnamon o Kinnamomon, que significa madeira doce. Este termo grego probabelmente provén do hebraicoquinamom, o cal ten orixe nunha versión anterior ao termo Kayu manis, que na linguaxe de Malaisia e Indonesia tamén quere dicir madeira doce.
↑Nomes comúns galegos en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C), A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; "Bioloxía fundamental" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002; e Termos esenciais de botánica, Santiago de Compostela, 2004
↑Dr.Berdonces i Serra. Gran Enciplopedia de Plantas Medicinales ISBN 843058496-X
AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique.
Berendsohn, W.G., A. K. Gruber & J. A. Monterrosa Salomón. 2009. Nova Silva Cuscatlanica. Árboles nativos e introducidos de El Salvador. Parte 1: Angiospermae - Familias A a L. Englera 29(1): 1–438.
Flora of China Editorial Committee. 1988-2013. Flora of China (Checklist & Addendum). Unpaginated. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
Killeen, T. J., E. García Estigarribia & S. G. Beck. (eds.) 1993. Guía Árb. Bolivia 1–958. Herbario Nacional de Bolivia & Missouri Botanical Garden, La Paz.
Linares, J. L. 2003 [2005]. Listado comentado de los árboles nativos y cultivados en la república de El Salvador. Ceiba 44(2): 105–268.
Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
Werff, H. v. d. 1993. Cinnamomum (Lauraceae). 3 pp.
Wunderlin, R. P. 1998. Guide Vasc. Pl. Florida i–x, 1–806. University Press of Florida, Gainseville.
Zuloaga, F. O. 1997. Catálogo de las plantas vasculares de la Argentina. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 74(1–2): 1–1331.
Flora of China Editorial Committee. 2008. Flora of China (Menispermaceae through Capparaceae). 7: 1–499. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.