Segundo datos do Ethnologue, falábano 15.000 persoas no 1996, dunha poboación duns 100.000. Ensínase nas escolas primarias, teñen programas de radio e televisión e moitos libros, como a tradución da Biblia desde 1728. O alto sorbio está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[3]