Angoulême
| Angoulême | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||||||
Angoulême é un concello do departamento Charente e da rexión de Poitou-Charentes, Francia, atravesado polo río Charente. Ten 43.100 habitantes (1999).
Historia
[editar | editar a fonte]Angoulême (Iculisma) conquistouna Clodoveo I aos visigodos no ano 507, os normandos conquistárona no século IX. En 1360 polo Tratado de Brétigny pasou a poder inglés, pero foron expulsados en 1373 polas tropas de Carlos V de Francia, que deu á cidade numerosos privilexios. Durante as Guerras de Relixión resultou duramente afectada, en especial en 1568 cando os protestantes a capturaron. O condado de Angoulême data do século IX, a liñaxe de William Taillefer retivo o condado ata o século XII. Pasou ao rei Xoán de Inglaterra polo seu matrimonio coa filla do Conde Adhémar. En 1220 pasou á familia Lusignan, condes de Marche. En 1302 pasou á coroa. En 1394 o condado pasou á casa de Orleáns, un dos seus membros, Francisco I de Francia, converteuse en rei de Francia en 1515.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]Conserva numerosos edificios medievais, entre eles a catedral de Saint-Pierre (século XII).
Administración
[editar | editar a fonte]O alcalde de Angoulême é Xavier Bonnefont, do conservador Unión por un Movemento Popular, que en 2014 substituíu o socialista Philippe Lavaud[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.lemonde.fr/resultats-elections-municipales/angouleme,16000/ Resultados das eleccións municipais de 2014] na web de Le Monde.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial do concello Arquivado 07 de decembro de 2005 en Wayback Machine. (en francés)
