Autodesk Revit é un programa informático BIM (Building Information Modeling, modelado de información para construción), para Windows propiedade de Autodesk. O programa permite aos usuarios construír edificios e deseños 3D, anotar o deseño con obxectos 2D nunha base de dados. Revit é un programa 4D BIM, permite con ferramentas planificar a traxectoria e estratexia construtiva durante o ciclo de vida, concepto e construción ata o posterior mantemento e/ou demolición.
Autodesk comprou a compañía texana Revit Technology Corporation por 133 millóns de dólares en 2002. As últimas versións do programa son de 64 bits.
Charles River Software foi fundada en Newton, Massachusetts, o 31 de outubro de 1997, por Leonid Raiz e Irwin Jungreis. Dous programadores chave do programa de CADPro/Engineer de PTC para o deseño mecánico, coa intención de levar o poder do modelado paramétrico á industria da construción e obra civil (PTC tiña tentado e non foi quen de comercializar o programa Reflex no sector da construción). Co financiamento de Atlas Venture e North Bridge Venture Partners, Raiz e Jungreis contrataron a varios programadores de software e arquitectos para comezar a traballar en Revit con C++ na plataforma Microsoft Windows. En 1999 contrataron a Dave Lemont como CEO e a membros para a xunta directiva a Jon Hirschtick, fundador de SolidWorks, e Arol Wolford, fundador de CMD Group.[1]