Bacilli
| Bacilli | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
Bacilli é o nome dunha clase taxonómica bacteriana, que inclúe tanto especies con forma de bacilo coma de coco. Está dividida en dous ordes, Bacillales e Lactobacillales, que conteñen algúns patóxenos importantes, como Bacillus anthracis, Listeria monocytogenes ou Staphylococcus aureus. Case todas son grampositivas.
Posibles confusións do nome
[editar | editar a fonte]Debe terse coidado co uso dos nomes Bacilli (que se traduciría para o galego como "bacilos"), Bacillus (que se traduciría como "bacilo") e o termo "bacilo"", usado para designar ás bacterias alongadas con forma de bastonciño. Neste caso a ambigüidade pode evitarse utilizando os nomes científicos e non o vernáculo. Téñase presente o seguinte:
- Bacilli é un taxon bacteriano con categoría de clase. Dentro del hai bacterias con forma de bastón (bacilos) pero tamén cocos.
- Bacillus é o nome dun xénero bacteriano que pertence á clase Bacilli, polo que o seu significado é moito máis restrinxido, xa que a clase Bacilli comprende varios xéneros.
- Bacilo é o termo que se aplica ás bacterias que teñen unha determinada morfoloxía, concretamente ás que son alongadas con forma de bastonciño. Hai bacterias con esta forma en varias clases taxonómicas bacterianas e non só en Bacilli. Por exemplo, E. coli é un bacilo que non pertence á clase Bacilli.
Filoxenia
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.
A taxonomía actualmente aceptada deste grupo está baseada na LSPN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [1] [2] e a filoxenia elaborouse con datos da LTP 106 baseada no ARNr 16S do 'The All-Species Living Tree' Project [3]
| Bacilli |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Bacilli parte 2 (continuación)
[editar | editar a fonte]| Bacilli parte 2 |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Bacilli non clasificados
- "Candidatus Izimaplasma" ♠ {"Izimaplasmatales" ♥: "Izimaplasmataceae" ♥}
- "Candidatus Lumbricoplasma" ♠ {Lumbricoplasmataceae ♠}
- "Rubeoparvulaceae" ♥ {"Rubeoparvulales" ♥}
Notas:
♥ Nomes de clados non incluídos no National Center for Biotechnology Information (NCBI) e que tampouco aparecen na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ver LPSN. Datos extraídos de J.P. Euzéby. "Bacilli". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 2012-05-17.
- ↑ Ver NCBI webpage on Bacilli. Datos extraídos de Sayers; et al. "NCBI Taxonomy Browser". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2012-05-17.
- ↑ Ver 'The All-Species Living Tree' Project Arquivado 19 de xullo de 2012 en Wayback Machine.. Datos extraídos de "16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)" (PDF). Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de maio de 2012. Consultado o 2012-05-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Bacilli |