Saltar ao contido

Balaenoptera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Balaenopterinae»)

Balaenoptera
 Nome taxon
    Balaenoptera
Bernard-Germain de Lacépède 1804 Editar o valor en Wikidata
 Nome común
    Rorcual (gl)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeArtiodactyla
FamiliaBalaenopteridae
XéneroBalaenoptera Editar o valor en Wikidata
Lacépède, 1804 Balaenoptera Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 13.650.000 anos Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/020vbs Editar o valor en Wikidata
MeSHD050616 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778593929 Editar o valor en Wikidata
ITIS180523 Editar o valor en Wikidata
OTT800316 Editar o valor en Wikidata
CoL37H3 Editar o valor en Wikidata
EOL46559425 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Balaenoptera é un xénero de cetáceos misticetos da familia dos balenoptéridos, único da subfamilia dos balenopterinos (Balaenopterinae).

Este xénero comprende oito especies de rorcuais, todas as da familia excepto o xibardo (Megaptera novaeangliae) que, por si só, constitúe a outra subfamilia, a dos megapterinos (Megapterinae).

A especie Balaenoptera omurai foi descrita en 2003.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero Balaenoptera foi descrito en 1804 polo zoólogo francés Bernard-Germain de Lacépède na páxina 114 da súa obra Hist. Nat. Cetacees.[2]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Lacépède construíu o termo Balaenoptera a partir dos elementos do latín científico Balaen-, tirado do latín bālæna, 'balea' (que, á súa vez, deriva do grego antigo φάλαινα phálaina), e -ptera, derivado do grego antigo πτερόν pterón, 'á' (intercalando un -o- para facilitar a pronuncia), en alusión ás longas aletas pectorais das súas especies. Literalmente: 'as baleas con ás'.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome cuñado por Lacépède, o xénero coñécese tamén polos sinónimos seguintes:[3]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

O xénero Balaenoptera comprende as sete especies (oito, para algúns autores) seguintes:[3]

En Galicia

[editar | editar a fonte]

En augas próximas ás nosas costas, segundo a biibliografía dispoñíbel, pódense encontrar varias especies do xénero Balaenoptera.

Na Lista patrón de vertebrados de Galicia da SGHN, publicada no Tomo I da Xeografía de Galicia dirixida por Pérez Alberti,[6] aparecen as dúas especies seguintes (indícanse os nomes vulgares galegos propostos):

  • Balaenoptera physalus – rorcual de Bryl [7]
  • Balaenoptera borealis – rorcual boreal

Pola súa pare, no Vocabulario multilingüe dos profesores Lahuerta e Vázquez,[8] cítanse (o que no quere dicir que forzosamente teñan que frecuentar augas galegas, senón só que teña nome no noso idioma), relaciónanse as seguintes:

  • Balaenoptera acurrostrata – rorcual alibranco
  • Balaenoptera musculus – rorcual azul
  • Balaenoptera edeni – rorcual de Bryde ou balea de Bryde
  • Balanoptera physalis [9] – rorcual común
  • Balaenopterus borealis [10] – rorcual de pintas

Finalmente, na moderna Guía dos mamíferos de Galicia, os seus autores, Díaz d'a Silva e Cartelle,[11] consideran catro especies (e inclúen os catro mapas de distribución correspondentes):

  • Balaenpotera acurrostrata – balea alibranca
  • Balenoptera borealis – balea de pintas
  • Balaenoptera musculus – balea azul
  • Balaenoptera physalus – balea común

Nota: sobre os nomes galegos destes rorcuais (ou baleas) véxase o artigo Balenoptéridos e a súa páxina de conversa.

  1. Wada, S.; Oishi, M. e Yamada, T. K. (2003): "A newly discovered species of living baleen whale". Nature 426: 278–281. Resumo
  2. Balaenopteridae no MSW.
  3. 1 2 Balaenoptera (Lacépède, 1804) no ITIS.
  4. Balaenoptera brydei Olsen, 1913 en WoRMS.
  5. Balaenoptera brydei na Lista da UICN.
  6. Pérez Alberti, A. (1982), p. 210.
  7. Probabelmente erro de imprenta por rorcual de Bryde.
  8. Lahiuerta e Vázquez (2000), p. 309.
  9. O nome correcto é Balaenoptera physalus.
  10. O nome correcto é Balaenoptera borealis.
  11. Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), pp. 130-133.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]