O bislama é unha mestura de palabras do inglés, francés e as linguas aborixes das familias do norte, centro e sur do arquipélago, cunha sintaxe máis parecida a unha lingua de Vanuatu.
Milleiros de ni-Vanuatu foron recrutados para traballar en Queensland, Australia, así como nas plantacións de Fiji entre 1870 e 1880. Coas linguaxes que se falaban nestas plantacións creouse un pidgin.
A orixe do Bislama, antes chamado Bichelama, provén do século XIX coa palabra "Beach-la-mar" do francés "bêche de mer", cogombro de mar. A mediados dese século, os cogombros de mar foron colleitados e secados, ó mesmo tempo que os sándalos foron colleitados. O nome vén asociado coa clase de pigdin que usaron os traballadores, tanto por eles mesmos como polos habitantes británicos.
Camden, William. 1979. Parallels in structure and lexicon and syntax between New Hebrides Bislama and the South Santo language spoken at Tangoa. In Papers in Pidgin and Creole Linguistics, No.2. Pacific Linguistics, A-57. Canberra: Australian National University. pp.51–117.
Crowley, Terry (1995). An Illustrated Bislama-English and English-Bislama Dictionary. Oxford Studies in Language Contact (en inglés). Port Vila: Pacific Languages Unit and Vanuatu Extension Centre, University of the South Pacific. p.478.