Saltar ao contido

Capcir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capcir
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
791 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   1.540 (2016) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   177 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap13433227 Editar o valor en Wikidata
VIAF243165759 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03rctv Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Vista de Les Angles.

O Capcir é unha comarca situada no sur de Francia, no departamento de Pireneos Orientais, na rexión de Languedoc-Rosellón. Forma parte da Cataluña Norte. A súa capital é Formiguères.

Ata a firma do Tratado dos Pireneos formou parte de Cataluña, e máis concretamente do condado de Cerdaña. Limita ao norte cos departamentos de Aude e Ariège. Está situada ao nordés da Alta Cerdaña e ao noroeste do Conflent. O río Aude régaa de sur a norte. Mantén certo pouso lingüístico e cultural cataláns a pesar da prohibición da devandita lingua en documentos oficiais so pena de invalidar o contido imposta por Lois XIV de Francia.

O Capcir forma unha meseta situada a 1500 metros de media, e é a ligazón entre o alto val do Aude e a Cerdaña. Esta comarca, rural ata hai pouco, creceu considerablemente durante o últimos corenta anos, grazas ao seu atractivo turístico. O Capcir ten dous sobrenomes: o Pequeno Canadá ou a Pequena Siberia. Isto dá unha idea do clima que ás veces pode haber no inverno. O nome de Siberia parece particularmente apropiado porque o Capcir representa un dos últimos refuxios en Europa occidental dunha planta ártica, a Ligularia sibirica.

Está formada polas comunas de Les Angles, Fontrabiouse, Formiguères, La Llagonne, Matemale, Puyvalador e Réal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]