Saltar ao contido

Club de Roma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Club de Roma
Logotipo
 Epónimo
Características
 Obra salientable
 Lingua oficial
 Campo de traballo
Implicados
 Fundador/a
 Presidente/a
 Secretario/a
Bertrand Schneider 1971 1998 Editar o valor en Wikidata
 Membro de
 En sociedade con
Datas
 Fundación / creación
7 de abril de 1968 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Número de membros
   100 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
Winterthur (2008 - ) Editar o valor en Wikidata
 País
Fontes e ligazóns
VIAF128935133 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000119398336 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01hv0p Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: clubofrome Twitter: clubofrome Bluesky: clubofrome.bsky.social LinkedIn: clubofrome Youtube: UC8A9L4UYgk_tTvkZhaDOLVQ Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Club de Roma é unha asociación internacional creada o 8 de abril de 1968 con sede en Alemaña que se ocupa de diversas cuestións da política internacional. Os fundadores foron Alexander King e Aurelio Peccei.

Chamou a atención do público co informe The Limits to Growth, publicado en 1972 e coñecido como informe Meadows, que prevía que o crecemento económico non podería continuar indefinidamente debido á limitada dispoñibilidade de recursos naturais, en concreto do petróleo. Foi publicado en galego pola Editorial Galaxia co título «Os límites do crecemento. Informe para o proxecto do club de Roma sobre os retos da humanidade».[1]

A crise do petróleo de 1973 acentuou a preocupación polo problema. Algunhas das previsións máis temidas realizadas polo Club de Roma na década de 1970 sobre o esgotamento dos recursos aínda non se cumpriron.

Segundo a súa páxina web, está formada por “científicos, economistas, empresarios, altos cargos, xefes de Estado e ex xefes de Estado dos cinco continentes que están convencidos de que o futuro da humanidade non está decidido e que todo ser humano. pode contribuír á mellora das nosas sociedades". O presidente do capítulo español do club é, desde 2001, Isidre Fainé.

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Gañou o Premio da Paz do Friedenspreis des Deutschen Buchhandels.[2][3]
  1. ↑ OS LIMITES DO CRECEMENTO. INFORME PARA O PROXECTO DO CLUB DE ROMA SOBRE OS RETOS DA HUMANIDADE -. Galaxia. Maio de 2022. ISBN 9788491518457.
  2. ↑ "Friedenspreis Des Deutschen Buchhandels". www.epdlp.com. Consultado o 2022-07-09.
  3. ↑ "Friedenspreis". www.friedenspreis-des-deutschen-buchhandels.de (en alemán). Consultado o 2022-07-09.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]