Deania é un xénero de tiburóns da orde dos escualiformes (Squaliformes) e familia dos centrofóridos (Centrophoridae) caracterizados por presentaren longos fociños.
Comprende as 4 especies relacionadas a continuación.
Deania hystricosa, a zapata lixa, ten un fociño aínda máis longo que a especie anterior. O seu tamaño tamén é algo maior (até 109cm), e a súa pel é piel moi áspera. Habita no Atlántico leste ao redor da illa da Madeira e no oeste do Pacífico, ao sur do Xapón, e só se ten visto en contadas ocasións. Vive profundidades de entre os 600 e os 1.000 m. Ovovivíparo, probabelmente con camadas de 12 crías.
Deania profundorum, a zapata seta, é a especie máis pequena do xénero (máximo, 76cm), e ten o longo fociño moiu afiado, como unha frecha (de aí os seus nomes vulgares). Propia de augas profundas (vive entre os 300 e os 1.785 m de profundidade), encontrándose no océano Pacífico ao redor de Filipinas, no Atlántico oriental ao longo da costa de África e nas costas surafricanas do Índico. Como as outras especies do xénero aliméntase de paixes óseos e crustáceos, e é ovovivíparo, con de 5 a 7 crías por camada.
Deania quadrispinosa encóntrase no Atlántico (costas de Namibia), no Índico (costas de Mozambique) e no Pacífico sur, fonte Australia, a profundidades de entre 150 e 732 m. Algo maior que os seus conxéneres (até 114cm), ten o fociño aínda máis longo que a zapata de bico, caracterizándose polo seu dorso de cor parda escura e pola presenza de espiñas pequenas e velenosas nas aletas dorsais.
Nos mares próximos ás costas galegas está citada a especie Deania calcea.[1][2] Ningún destes autores dan un nome popular galego para esta especie, pero si o fan Lahuerta e Vázquez,[3] que lle adxudican o de zapata de bico e, como sinónimo, zapata paxariño.[4] Ademais, mestes autores tamén lles adxudican nome galego ás especies D. hystricosa (zapata lixa) e D. profundorum (zapata seta).[3]
↑Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8. (Citada como Deania calceus).
↑Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0. (Citada como Deania calceus).
↑Os nomes da especie son, en inglés, birdbeard dogfish (peixe can bico de paxaro"); en castelán, tollo pajarito; en francés, squale savate ("escualo zapatilla"), e en portugués, sapata' (este último, segundo os autores citados).
Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8,
Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8. (Citada como Deania calceus).
Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0. (Citada como Deania calceus).