Saltar ao contido

Dunam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dunam
 Subclase de
 Magnitude física
Códigos e identificadores
Freebase/m/04300b Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O dunam, dönüm, dunum ou donum é unha unidade de superficie que non pertence ao Sistema Internacional. Etimoloxicamente, un dönüm (do turco otomán ﺿﻨﻤﻕ / dönmek, ‘xiro’) era a cantidade de terra que un home podía arar nun día, polo que a súa extensión variaba moito dun lugar a outro. Aínda así, segue empregándose —con certa homoxeneidade— en varios países que formaron parte do antigo Imperio otomán.

Entre as diferentes equivalencias actuais destacan:

No norte de Chipre o donum é igual a 1 337,8 m².

En Iraq equivale a 2 500 m².

En Israel, Xordania, Líbano, Turquía e nos territorios da Palestina corresponde a 1.000 m². Antes da desaparición do Imperio otomán medía 919,3 m², mais durante o Mandato Británico de Palestina (1917-1948) adoptouse o chamado dunam métrico de 1.000 m², que segue vixente.

Outros estados onde se usa algunha variante do dunam son Libia, Siria e os países da antiga Iugoslavia.

En Grecia denomínase estrema (το στρέμμα, pl. τα στρέμματα, do verbo στρέφω, ‘xirar’) e tamén corresponde a 1.000 m². Semella que dönüm é, na súa orixe, a tradución turca de στρέμμα.

Conversións

[editar | editar a fonte]

Un dunam métrico equivale a:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]