O duraluminio é unha aliaxe de aluminio (> 90%) con cobre (3-5%), magnesio (0,4-2,4%) e manganeso (0,3-1%) e, ás veces, unha pequena porcentaxe de silicio. Pertence á familia das aliaxes aluminio-cobre.[1]
O seu peso lixeiro e outras propiedades físicas fixeron que o duraluminio fora amplamente utilizado na industria aeroespacial desde a década de 1920. As súas principais característica son a grande resistencia á tracción e a súa moi elevada resistencia mecánica a temperatura ambiente.[1] Porén, a súa resistencia á corrosión, soldabilidade e aptitude para o anodizado son baixas.
↑J. Dwight. Aluminium Design and Construction. Routledge, 1999.
↑J. Snodgrass and J. oran. Corrosion Resistance of Aluminum Alloys. In Corrosion: Fundamentals, Testing and Protection, volume 13a of ASM Handbook. ASM, 2003.