Saltar ao contido

Eledone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eledone
 Nome taxon
    Eledone
Jean-Baptiste Lamarck 1789 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloMollusca
ClaseCephalopoda
OrdeOctopoda
FamiliaEledonidae
XéneroEledone Editar o valor en Wikidata
Lamarck, 1789 Eledone Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02rw851 Editar o valor en Wikidata
UNIIPB8E0GXK8R Editar o valor en Wikidata
ITIS82645 Editar o valor en Wikidata
OTT478541 Editar o valor en Wikidata
EOL51263 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Eledone moschata.

Eledone é un xénero de moluscos cefalópodos da familia dos octopódidos.[1][2]

As súas especies distribúense principalmente polo océano Atlántico (norte e sur), agás unha delas, E. palari, que se rexistrou desde o suroeste do océano Pacífico e o Índico oriental, até augas ao redor de Indonesia e Australia, e outra, E. microsicya, no océano Índico occidental.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero Eledone foi descrito en 1817 polo zoólogo e biólogo mariño inglés William Elford Leach.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Leach tirou o nome científico latino Eledone do grego antigo ἐλεδώνη eledónē, nome dunha certa especie de polbo.[3][4]

Segundo o World Register of Marine Species (WoRMS), recoñécense na actualidade as seguientes especies:[1]

Porén, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (SIIT, ou ITIS, en inglés) considera como válidas as especies:[2]

  • Eledone caparti
  • Eledone cirrhosa
  • Eledone gaucha
  • Eledone gaucha
  • Eledone massyae
  • Eledone microsicya
  • Eledone moschata
  • Eledone palari
  • Eledone thysanophora

Antigamente considerábase tamén como membros deste xénero as especies Eledone aldrovandi Montfort, 1802, hoxe identificada con Eledone cirrhosa (Lamarck, 1798).[5] e Eledone thysanophora Voss, 1962, aceptada hoxe como Eledone schultzei (Hoyle, 1910).[6][7]

Polo que respecta a Eledone nigra, trátase dunha especie case descoñecida, descrita polo zoólogo británico William Evans Hoyle en 1910,[8] da que se examinaron un macho e seis femias, exemplares que foron capturados na baía de Luderitz, Namibia, e que só se registrou posteriormente, en 1938, 1941 e 1991, sempre na citada baía.[9]

En Galicia

[editar | editar a fonte]

En augas galegas, de todas as especies citadas máis arriba só se rexistrou Eledone cirrhosa (Lamarck, 1798), citada como Eledone aldrovandii (Raf.) por Ríos Panisse,[10] e como Eledone cirrosa (Lamarck, 1798) e Eledone aldrovandii (Lamarck) por R. Ramonell.[11] que vive en areais na zona da plataforma continental, onde é moi abundante e obxecto de pesca.[11]

  1. 1 2 Eledone Leach, 1817 no WoRMS.
  2. 1 2 Eledone no ITIS.
  3. eledone en MyEtymology.
  4. Senning, Alexander (2007):Elsevier's Dictionaty of Chemoetymology. Amsterdam etc.: Elsevier B. V. ISBN 978-0-4445-2239-9, p. 128.
  5. Eledone aldrovandi Montfort, 1802 no WoRMS.
  6. Eledone thysanophora Voss, 1962 no WoRMS.
  7. Eledone thysanophora Voss, 1962 no African Register of Marine Species.
  8. Hoyle, W. E. (1910): Mollusca: Cephalopoda. Zoologische und anthropologische Ergebnisse einer Forschungsreise im westlichen und zentralen Sudafrika ausgefuhrt in den Jahren 1903-1905, 4 (1): 261-268,
  9. Villanueva, R & Sanchez P. (1993): "Cephalopods of the Benguela Current off Namibia; New additions and consideration on the genus Lycoteuthis", J. Nat. Hist. 27: 15-46.
  10. Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X, pp. 76-77.
  11. 1 2 Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-7154-506-2, pp.164-165.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Abbott, N. Joan e Roddy Williamson, Linda Maddock (1995): Cephalopod Neurobiology. Oxford University Press. ISBN 0-19-854790-0.
  • Felley, J., Vecchione, M., Roper, C. F. E., Sweeney, M. & Christensen, T. (2001-2003): Current Classification of Recent Cephalopoda. National Museum of Natural History: Department of Systematic Biology: Invertebrate Zoology: Cephalopods Arquivado 01 de novembro de 2010 en Wayback Machine.
  • Gofas, S.; Le Renard, J.; Bouchet, P. (2001): "Mollusca" in: Costello, M. J. et al., eds. European Register of Marine Species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Patrimoines Naturels. 50: 180-213. ISBN 2-8565-3538-0.
  • Hanlon, Roger T. & John B. Messenger (1996): Cephalopod Behaviour. Cambridge University Press. ISBN 0-521-42083-0.
  • Nixon, Marion & John Z. Young (2003): The brains and lives of Cephalopods. Oxford University Press. ISBN 0-19-852761-6.
  • Remane, Adolf, Volker Storch & Ulrich Welsch (1980): Zoología sistemática. "Cephalopoda (Cefalópodos)". Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0608-2, pp. 160–169.
  • Stevens, Martin & Sami Merilaita (2011): Animal camouflage: mechanisms and function. Cambridge University Press. ISBN 0-521-19911-5.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]