Saltar ao contido

Erling Haaland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaErling Haaland

(2026) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(no) Erling Braut Håland Editar o valor en Wikidata
21 de xullo de 2000 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Leeds Editar o valor en Wikidata
ResidenciaManchester Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo noruegués Editar o valor en Wikidata
Relixiónvalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Altura195 cm Editar o valor en Wikidata
Peso87 Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFútbol Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2015 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaNoruega Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga, Premier League, Tippeligaen e Terceira División Norueguesa Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo9 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2016–2017 Bryne FK 16(0)
2017–2019 Molde FK 39(14)
2019–2020 FC Red Bull Salzburg 16(17)
2020–2022 Borussia Dortmund 67(62)
2022–sen valor Manchester City 132(112)
  Selección nacional Número de eventos xogados
2018–2018   Noruega sub-21 3(0)
2019–2019   Noruega sub-20 5(11)
2019–sen valor   Noruega 54(62)
Participou en
2026Mundial de Fútbol de 2026
2019Qualificações para o Campeonato Europeu Sub-21 de 2019 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaIsabel Haugseng Johansen (2021–) Editar o valor en Wikidata
PaiAlf-Inge Haaland Editar o valor en Wikidata
ParentesJonatan Braut Brunes, curmán entregue
Albert Tjåland, curmán entregue
Emma Braut Brunes, curmá entregue Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm10994643 Facebook: erlinghaaland Twitter: ErlingHaaland Instagram: erling Youtube: UCOlyWftmF4SxONwrS1KUsxA BNE: XX6541827 Spotify: 3vld3cccnTHpUyoYiLSoov Musicbrainz: 3db1ee03-b91c-41b3-aae8-678f89e5a82c Discogs: 16318969 FIFA: 201486226 UEFA: 250103758 WikiTree: Håland-42 Genius: Lyng-nor Editar o valor en Wikidata

Erling Braut Haaland, tamén escrito Håland, nado en Leeds o 21 de xullo de 2000, é un futbolista noruegués. Xoga como dianteiro no Manchester City da Premier League e na selección de Noruega. Considerado un dos mellores xogadores do mundo e o mellor futbolista noruegués de todos os tempos, destaca pola súa velocidade, forza, e finalización dentro da área.

Fillo do internacional noruegués Alf-Inge Håland, formouse na canteira do Bryne, debutando co primeiro equipo en 2016, con só 15 anos. En 2017 fichou polo Molde onde pasou dous anos, ata que en xaneiro de 2019 asinou co Red Bull Salzburg, gañando dous títulos da Bundesliga austríaca e unha Copa de Austria. En decembro de 2019 foi traspasado ao Borussia Dortmund, no que militou dúas campañas e media, gañando a Copa de Alemaña na tempada 2020/21.[1] No verán de 2022 fichouno o Manchester City de Pep Guardiola e conquistou un triplete na súa primeira campaña, sendo elixido mellor xogador da Premier League e establecendo o récord de maior número de goles anotados nunha mesma tempada da competición, con 36.

Ao longo da súa carreira gañou numerosos premios individuais e rompeu varios récords. Na Liga de Campións da UEFA 2019/20, converteuse no primeiro futbolista de menos de 20 anos en marcar en cinco partidos consecutivos da Liga de Campións e no segundo en marcar 10 goles na competición. En 2020 recibiu o premio Golden Boy, mentres que en 2021 foi elixido mellor xogador da Bundesliga Co Manchester City superou varios récords da Premier League, entre eles o de xogador con maior número de goles nunha tempada, xogador que menos tempo precisou para marcar dous, tres e catro tripletes, e converteuse no único futbolista da historia da liga en marcar tres tripletes en tres partidos consecutivos na casa.

Foi internacional con Noruega en varias categorías inferiores e na Copa do Mundo sub-20 de 2019 gañou a Bota de Ouro despois de marcar a cifra récord de nove goles nun mesmo partido. En setembro de 2019 debutou coa selección de Noruega absoluta, e en 2024, con só 24 anos, superou os 33 goles de Jørgen Juve como o máximo goleador histórico do país, marca que levaba vixente 87 anos.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Red Bull Salzburgo
Borussia Dortmund
Manchester City
Individual
  1. "Dortmund sign Haaland from Salzburg". BBC Sport (en inglés). Consultado o 2023-01-07.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]