A escrita maia, tamén coñecida como glifos maias ou xeróglifos maias, é o sistema de escrita da civilización maia de Mesoamérica, actualmente o único sistema de escrita mesoamericano que foi descifrado. As máis antigas inscricións atopadas datan do século III e foron descubertas en San Bartolo, Guatemala.[1][2] A escrita maia mantívose en uso en Mesoamérica até pouco despois da chegada dos conquistadores españois no século XVI, e até o século XVIII en certas áreas illadas, como Tayasal.
↑K. Kris Hirst (6 de xaneiro de 2006). Science, ed. "Maya Writing Got Early Start". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2013. Consultado o 04 de novembro de 2015.