Nos anos 60 foi usada na música surf, e conseguiu o seu status de instrumento de culto nos anos 90 tras ser usada nun gran número de bandas de rock alternativo. Os primeiros exemplares son dos obxectos máis prezados para os coleccionistas de guitarras de escala curta de Fender.
A Mustang está equipada con dúas pastillas sinxelas cunha configuración de interruptores infrecuente, e unha panca de trémolo única. Orixinalmente estivo dispoñible en dúas escalas distintas.