Saltar ao contido

Friedrich Fröbel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFriedrich Fröbel
Biografía
Nacemento21 de abril de 1782 Editar o valor en Wikidata
Oberweißbach Editar o valor en Wikidata
Morte21 de xuño de 1852 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Marienthal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemetery Schweina (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo e reformed (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Jena Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpedagogo, escritor, mestre, escritor de non ficción, futbolista Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJohann Heinrich Pestalozzi Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeLuise Fröbel Editar o valor en Wikidata
PaisJohann Jakob Fröbel Editar o valor en Wikidata  e Jakobine Eleonore Friderika Hoffmann Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarl Poppo Fröbel
Johann August Gotthelf Fröbel
Johann Michael Christoph Fröbel
Johann Christian Ludwig Fröbel
Juliana Dorothea Wilhelmine Fröbel
Johann Friedrich Traugott Fröbel
Johanna Sophie Carolina Fröbel Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteHamburgische Biografie
Allgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 128259 BNE: XX933842 Musicbrainz: fb1920f6-4457-4b9b-aea4-59b711f4bd3e WikiTree: Fröbel-96 Find a Grave: 14945108 Editar o valor en Wikidata
Casa natal de Fröbel.

Friedrich Wilhelm August Fröbel, nado en Oberweissbach (Turinxia) o 21 de abril de 1782 e finado en Marientha o 21 de xuño de 1852, foi un pedagogo alemán. Foi o creador da educación preescolar e do concepto de xardín de infancia. É coñecido como o "pedagogo do Romanticismo".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Froebel pasou a infancia xunto ao seu pai e a súa pouco benévola madrasta. Ao cabo dunha estanza de cinco anos na casa dun tío, empezou aos quince a traballar cun inspector forestal e dedicouse, como autodidacta e de xeito desordeado, ao cultivo de varias ciencias: cartografía, matemáticas, botánica, arquitectura, contabilidade e agrimensura.

Descubriu a súa vocación polo maxisterio en 1805, nunha escola secundaria de Frankfurt onde se decatou das novidosas ideas pedagóxicas de Pestalozzi. Máis tarde traballou con el en Suíza, onde desenvolveu a súa teoría educativa. Dende 1806 Fröbel foi o mestre e preceptor dos tres fillos dunha familia nobre de Frankfurt.

Creou o termo «xardín de infancia» (en alemán, Kindergarten), centrando a súa actividade en animar o crecemento mental natural dos pequenos a través da actividade e o xogo. Para isto, creou material didáctico específico para nenos, ós que chamou "dones", e se preocupou da formación das nais, convencido da grande importancia destas no crecemento dos suxeitos. O neno é considerado o principal protagonista da súa propia educación. Estableceu o seu primeiro xardín en Bad Blankenburg en 1837. Pretendía que nestes xardíns de infancia o neno:

  • xogase ó aire libre en contacto permanente coa natureza.
  • rexeitase todo tipo de coacción e autoritarismo por parte do educador.
  • busque unha educación integral entre a da escola e a familia.

Cando xa publicara sete libros, en 1826 resumiu as súas ideas no libro Die erziehenden Familien.