Happy Feet
| Happy Feet | |||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||||||||||
Happy Feet é un filme estadounidense-australiano de 2006 dirixido e producido por George Miller e escrito por Miller, John Collee, Judy Morris e Warren Coleman. Está protagonizado polas voces de Elijah Wood, Robin Williams, Brittany Murphy, Hugh Jackman, Nicole Kidman, Hugo Weaving, Anthony LaPaglia, Magda Szubanski e Steve Irwin. Foi producido pola empresa de Sydney Animal Logic para Warner Bros. Pictures, Village Roadshow Pictures e Kingdom Feature Productions. É o primeiro filme animado creado por Kennedy Miller e Animal Logic. Ambientado na Antártida, o filme conta a historia de Mumble (Wood), un pingüín emperador que é quen de bailar claqué de forma brillante malia non ter a capacidade de cantar unha canción do corazón para atraer unha alma xemelga. Despois de ser continuamente ridiculizado e rexeitado polos seus compañeiros e o seu propio pai (Jackman), Mumble parte nunha viaxe para aprender o que está a provocar o declive da poboación de peixes locais e atoparse a si mesmo no camiño.
Happy Feet estreouse nos cinemas dos Estados Unidos de América o 17 de novembro de 2006, e nos cinemas de Australia o 26 de decembro de 2006. Estreouse de xeito simultáneo en formato convencional e IMAX 2D.[1] Estreouse en liña dobrado ao galego na plataforma dixital do Xabarín Club.[2]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Elijah Wood como Mumble
- E. G. Daily como Mumble bebé
- Robin Williams como Ramón, Cletus, Lovelace e o narrador
- Brittany Murphy como Gloria
- Alyssa Shafer como Gloria bebé
- Hugh Jackman como Memphis
- Nicole Kidman como Norma Jean
- Hugo Weaving como Noah the Elder
- Fat Joe como Seymour
- Cesar Flores como Seymour bebé
- Anthony LaPaglia como Skua Boss
- Magda Szubanski como Miss Viola
- Miriam Margolyes como Mrs. Astrakhan
- Steve Irwin como Trev
- Carlos Alazraqui como Nestor
- Lombardo Boyar como Raul
- Jeffrey Garcia como Rinaldo
- Johnny Sanchez como Lombardo
- Richard Carter como Barry
- Roger Rose como Leopard Seal
- Lee Perry como Elder e pinguín de zoo
- Dee Bradley Baker como Maurice
- Chrissie Hynde como Michelle
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Happy Feet: The IMAX Experience". IMAX. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2006. Consultado o 15 de marzo de 2007.
- ↑ @XabarinGal (ed.). "Da mente de George Miller, director e guionista da saga de #MadMax, chega a xabarin.gal a película que lle valeu o seu único premio Óscar... #HappyFeet! Unha fábula sobre pingüíns bailaríns que podes ver xa aquí mesmo". Consultado o 15 de xaneiro de 2025.