Saltar ao contido

Jan Mayen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jan Mayen
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Epónimo
Características
 Lingua oficial
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 País
 Xeografía
 Continente
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   18 (2010) censo Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   15 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   54 km Editar o valor en Wikidata
 Perímetro
   124.100 m Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   377 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   2.277 m Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   2.277 m Beerenberg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+01:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal8099 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap1337126 Editar o valor en Wikidata
VIAF247163278 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03_wk Editar o valor en Wikidata
NUTSNO0B1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX5405639
Wikidata G:Commons C:Commons
Mapa de Jan Mayen.
Foto satélite de Jan Mayen.

A illa de Jan Mayen, parte do Reino de Noruega, é unha illa volcánica de 373 km² situada no ártico, parcialmente cuberta por glaciar e dividida en dúas partes por un estreito istmo. Atópase no mar noruegués e marca o seu límite co mar de Groenlandia; ao norte de Islandia entre Groenlandia e Noruega a 71º N e 8º O. A illa é montañosa debido á súa orixe volcánica e o seu pico máis alto é o volcán Beerenberg (2.277 m) ao norte da illa.

Esta illa non posúe recursos naturais explotables. A súa actividade económica limítase a prover servizos aos empregados das estacións de radio e meteorolóxicas norueguesas situadas na illa. Ten unha pista aérea sen pavimentar de aproximadamente 1.585 m de longo e os seus 124,1 quilómetros de costa carecen de portos ou peiraos, tendo unicamente ancoradoiras fóra da costa.

Jan Mayen é parte xeograficamente integrada de Noruega. Desde 1995 foi administrada polo gobernador (fylkesmann) do condado (fylker) de Nordland, no entanto, parte da autoridade foi delegada a un comandante de estación do Servizo Noruegués de Comunicación de Defensa.

Henry Hudson descubriu esta illa en 1607 e chamouna Hudson's Tutches ou Touches. A partir de entón foi observada varias veces por navegantes que exitosamente se aduciron o seu descubrimento e a renomearon. Así, en 1611 ou un ano despois baleeiros de Hull chamárona Illa Trindade; en 1612 Jean Vrolicq, un baleeiro francés, chamouna Île de Richelieu (Illa de Richelieu); en 1814 Joris Carolus nomeou un dos seus promontorios Jan Meys Hoeck (Outeiro de Jan Mey) en honra do capitán dun dos seus barcos. O nome actual da illa provén disto último xa que a afirmación do descubrimento en 1611 por un navegante holandés de nome Jan Mayen non ten fundamento.

A illa está habitada por persoal que opera unha base de navegación de alto alcance (Loran-C) cun total de 14 empregados e unha estación de servizos climatolóxicos con persoal de 4. Os membros do persoal de ambas viven no centro de aloxamento da base de Loran-C chamado Olonkinbyen (Cidade de Olonkin).

A illa non ten habitantes nativos ou aborixes pero se lle asignou o ISO 3166-1 código do País SJ, o dominio de Internet de máis alto nivel (ccTLD) é .no (.sj está asignado pero non se utiliza) e o código de datos é JN. O prefixo de radio é JX.

    Referencias

    Véxase tamén

    [editar | editar a fonte]

    Bibliografía

    [editar | editar a fonte]

    Outros artigos

    [editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas

    [editar | editar a fonte]