Saltar ao contido

Javier Bardem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJavier Bardem

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Javier Ángel Encinas Bardem Editar o valor en Wikidata
1 de marzo de 1969 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
As Palmas de Gran Canaria Editar o valor en Wikidata
Xurado no Festival de Cannes
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesJavier Bardem Editar o valor en Wikidata
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor en Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor en Wikidata
Altura181 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de televisión, actor de cinema, produtor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor en Wikidata -
ProfesoresJuan Carlos Corazza e Consuelo Trujillo Editar o valor en Wikidata
Participou en
8 de setembro de 2025Film Workers Pledge to End Complicity (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxePenélope Cruz (2010–) Editar o valor en Wikidata
FillosLeo Bardem, Luna Bardem Editar o valor en Wikidata
PaisJosé Carlos Encinas Doussinague Editar o valor en Wikidata  e Pilar Bardem Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarlos Bardem
Mónica Bardem Editar o valor en Wikidata
ParentesRafael Bardem, avó
Matilde Muñoz Sampedro, avoa Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0000849 Allocine: 16228 Rottentomatoes: celebrity/javier_bardem Allmovie: p3887 TCM: 516364 Metacritic: person/javier-bardem
Instagram: bardemantarctic Enciclopedia Galega Universal: 119064 BNE: XX1166769 Musicbrainz: b642f8b3-c470-4630-b1a8-d7367c716ee9 Discogs: 1200291 WikiTree: Encinas_Bardem-1 Genius: Javier-bardem Editar o valor en Wikidata

Javier Ángel Encinas Bardem, máis coñecido simplemente como Javier Bardem, nado en Las Palmas de Gran Canaria o 1 de marzo de 1969, é un dos actores españois de cinema máis internacionais. No ano 2000 converteuse no primeiro actor español nomeado a un Oscar polo seu papel en Antes que anochezca e en 2008 no primeiro en gañalo na categoría de mellor actor secundario por Non é un país para vellos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixe e formación

[editar | editar a fonte]

Bardem provén dunha familia de actores: os seus avós, Rafael Bardem e Matilde Muñoz Sampedro, a súa nai, Pilar Bardem, os seus irmáns, Mónica e Carlos, e ademais é sobriño do finado director de cine Juan Antonio Bardem. O seu curmán Miguel tamén é director de cine. É o membro da familia que acadou un maior recoñecemento a nivel internacional

Entre as distintas actividades que realizou inclúese o xogar na Selección Española de Rugbi e estudar pintura na Escola de Artes e Oficios. Tras isto, decidiu dedicarse ó cine.

Con 11 anos fixo un pequeno papel en El poderoso influjo de la luna de Antonio del Real que protagonizaba a súa nai Pilar.

Gañou o Fotogramas de Plata ó Mellor Actor en 1994 por Huevos de Oro. Ese mesmo ano obtivo o Premio ó Mellor Actor no Festival de Cine de Donostia por Días contados e El detective y la muerte, ademais do Premio Fernando Rey á Mellor Interpretación por Días contados.

En 1995 por esta mesma película, conseguiu o Goya ó Mellor Intérprete Masculino Secundario e o Premio da Actores ó Mellor Actor, ademais do Fotogramas de Plata por Boca a boca. Esta película deulle o seu primeiro Goya á Mellor interpretación masculina protagonista en 1996.

Despois de conseguir en decembro de 1997 o Premio do Público ó Mellor Actor na Gala da Academia do Cine Europeo, en xaneiro de 1998 competiu polo Goya á Mellor Interpretación Masculina, por Carne trémula.

En 2000 gañou a Copa Volpi no Festival de Cine de Venecia, pola película Antes que anochezca (Before Night Falls), que representa a súa consagración internacional. Por esta mesma película na que interpretaba a Reinaldo Arenas, foi nomeado no ano seguinte ao Oscar ó mellor actor, sendo o primeiro actor español nomeado a ese premio. A súa fama aumentou notablemente tanto dentro como fóra de España a raíz deste papel.

En 2003 obtén o premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista polo seu papel en Os luns ó sol. Na cerimonia de entrega dese premio manifestouse, igual que outros moitos compañeiros de profesión que luciron adhesivos e insignias, contra a guerra e a invasión de Irak por parte de EEUU co apoio do goberno español.

En 2004 conseguiu novamente a Copa Volpi no Festival de Cine de Venecia, esta vez polo seu papel de Ramón Sampedro en Mar adentro, polo que tamén repetiu no Goya ó mellor actor. Esta película reafirmouno coma un dos mellores actores do panorama español.

No ano 2008 gañou o Globo de ouro ao mellor actor secundario polo seu papel de Anton Chigurh no filme dos irmáns Coen Non é un país para vellos. Por este mesmo papel gañou tamén o BAFTA e finalmente o Oscar ao Mellor actor secundario, sendo o primeiro español en logralo.

En 2010 foi nomeado ao Óscar ao Mellor actor polo seu traballo no filme de Alejandro González Iñárritu, Biutiful. Tamén gañou o Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista por ese filme.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
AnoPelículaDirector
2010BiutifulAlejandro González Iñárritu
2008Vicky Cristina BarcelonaWoody Allen
2007Love in the Time of CholeraMike Newell
2007Non é un país para vellosJoel e Ethan Coen
2006Amar en tiempos de cóleraMike Newell
2006Os fantasmas de GoyaMilos Forman
2006The last faceErin Dignam
2006GuerrillaSteven Soderbegh
2004Mar AdentroAlejandro Amenábar
2004CollateralMichael Mann
2002Los lunes al solFernando León de Aranoa
2002Pasos de BaileJohn Malkovich
2001Sin noticias de Dios(**)Agustín Díaz Yanes
2000Antes que anochezcaJulian Schnabel
1999Segunda pielGerardo Vera
1999Los lobos de WashingtonMariano Barroso
1999Entre las piernasManuel Gómez Pereira
1998Torrente, el brazo tonto de la leySantiago Segura
1997Perdita DurangoÁlex de la Iglesia
1997Carne TrémulaPedro Almodóvar
1996Más que amor, frenesíBardem, Albacete e Menkes
1996ÉxtasisMariano Barroso
1996AirbagJuanma Bajo Ulloa
1996El amor perjudica seriamente a la salud(**)Manuel Gómez Pereira
1995Boca a bocaManuel Gómez Pereira
1995La madre curtoMiguel Bardem
1994El detective y la muerteMiguel Bardem
1994Días ContadosImanol Uribe
1994Pronóstico reservado(**)Antonio Mollà
1994La teta y la lunaBigas Luna
1993El amante bilingüeVicente Arnada
1993Huevos de oroBigas Luna
1992HuidosSancho Gracia
1992Jamón, jamónBigas Luna
1991Tacones lejanosPedro Almodóvar
1991Amo tu cama ricaEmilio Martínez Lázaro
1990Las edades de LulúBigas Luna
1980El poderoso influjo de la luna(**)Antonio del Real

(**) Realiza pequenos papeis, aparición esporádica

AnoCategoríaPelículaResultado
2000Óscar ao mellor actorAntes que anochezcaCandidato
2008Óscar ao mellor actorNo Country for Old MenGañador
AnoCategoríaFilmeResultado
2004Globo de Ouro ó mellor actor - DramaMar adentroCandidato
2000Globo de Ouro ó mellor actor - DramaAntes que anochezcaCandidato
AnoCategoríaFilmeResultado
2004Mellor actorMar adentroCandidato
AnoCategoríaFilmeResultado
2004Copa Volpi ó mellor actorMar adentroGañador
2000Copa Volpi ó mellor actorAntes que anochezcaGañador
AnoCategoríaPelículaResultado
1995Cuncha de Prata ó mellor actorEl detective y la muerteGañador
AnoCategoríaPelículaResultado
2000Mellor actorAntes que anochezcaGañador
AnoCategoríaPelículaResultado
2004Mellor actor protagonista de cineMar adentroGañador
2002Mellor actor protagonista de cineLos lunes al solGañador
1997Mellor actor protagonista de cinePerdita DurangoCandidato
1996Mellor actor protagonista de cineÉxtasisCandidato
1994Mellor intérprete secundario de cineDías contadosGañador
AnoCategoríaPelículaResultado
2010Goya ó mellor actorBiutifulGañador
2004Goya ó mellor actorMar adentroGañador
2002Goya ó mellor actorLos lunes al solGañador
1997Goya ó mellor actorPerdita DurangoCandidato
1995Goya ó mellor actorBoca a bocaGañador
1994Goya ó mellor actor secundarioDías contadosGañador
1993Goya ó mellor actorHuevos de oroCandidato
1992Goya ó mellor actorJamón, jamónCandidato
AnoCategoríaPelículaResultado
2004Mellor actor de cineMar adentroGañador
2002Mellor actor de cineOs luns ao solGañador
2000Mellor actor de cineSegunda pielGañador
1997Mellor actor de cineCarne trémula
Perdita Durango
Gañador
1996Mellor actor de cineÉxtasisCandidato
1995Mellor actor de cineBoca a bocaGañador
1994Mellor actor de cineDías contados
El detective y la muerte
Candidato
1993Mellor actor de cineHuevos de oroGañador
1992Mellor actor de cineJamón, jamónCandidato

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]