A lingua fante é unha das tres variedades escritas que forman a lingua akan[1] que emprega o pobo fante que é maioría no centro e oeste de Ghana así como en asentamentos doutras rexións no sur dese país. Fante constitúe a lingua común de comunicación entre os diversos reinos tradicionais fante, cada un dos cales ten o seu propio subdialecto: Agona, Anomabo, Abura, Gomua, Oguaa, Ahanta.
En 1990, a Oficina das Linguas de Ghana publicou unha guía ortográfica para o fante, que é a que se emprega no ensino e é semellante ás outras variedades akan.