Este artigo amosa escritos paxtos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O paxto[1], noutras fontes tamén chamado pashtu[2] ou pashto[3], é un idioma que pertence ás linguas iranias, dentro do seu grupo oriental e á súa vez do sub-grupo meridional e falado pola etnia paxta. Está emparentado coas linguas do Pamir e un pouco máis afastado do iagnobí e das linguas osetas: o digorés e o iriano. É a lingua máis numerosa en número de falantes do grupo de linguas iranias orientais.
É a lingua oficial de Afganistán (xunto co dari) e falada en Paquistán e na diáspora dos paxtos. Fálana preto de 40 ou 50 millóns de persoas.[4] Fálase ademais no occidente de Paquistán.
Está escrito cunha versión modificada do alfabeto persa-arábico chamada nash (nasgh).
O paxto desde o 1936 é unha das dúas linguas oficiais de Afganistán, sendo a outra o Dari (Persa)[5]. Nese ano déronselle todos os dereitos a respecto do uso no goberno e na educación, cando ata daquela fora o Persa a lingua empregada[6]. En 1964 este estado reafírmase cando a asemblea constitucional cando o persa afgán se lle deu o nome de Dari[7][8].
O paxto emprega o alfabeto paxto, unha variación do alfabeto persa, e que á súa vez deriva en parte do alfabeto árabe. Ten letras adicionais para sons específicos do paxto. Desde o século XVII, o paxto escribiuse principalmente coa sistema Nashk e non co sistema Nasta'liq das lindeiras linguas persas e urdú.
O alfabeto paxto componse de 44 letras e catro marcas diacríticas. Na seguinte táboa dánse as formas illadas das letras xunto coas súas equivalentes do sistema latino e os valores da IPA:
↑Modarresi, Yahya: Iran, Afghanistan and Tadjikistan". 1911 – 1916. In: Sociolinguistics, Vol. 3, Part. 3. Ulrich Ammon, Norbert Dittmar, Klaus J. Mattheier, Peter Trudgill (eds.). Berlín, De Gryuter: 2006. p. 1915. ISBN 3-11-018418-4
↑Campbell, George L.: Concise compendium of the world's languages. Londres: Routledge 1999.
↑Dupree, Louis: Language and Politics in Afghanistan. In: Contributions to Asian Studies. Vol. 11/1978. p. 131 – 141. E. J. Brill, Leiden 1978. p. 131.
↑Spooner, Bryan: "Are we teaching Persian?". In: Persian studies in North America: studies in honor of Mohammad Ali Jazayery. Mehdi Marashi (ed.). Bethesda, Iranbooks: 1994. p. 1983.
↑Septfonds, D. 2006. Pashto. In: Concise encyclopedia of languages of the world. 845 – 848. Keith Brown / Sarah Ogilvie (eds.). Elsevier, Oxford: 2009.
Tegey, Habibullah; Robson, Barbara: Pashto Conversation Manual and Tapescript, 1993. Center fo Applied Linguistics, Washington D.C., Department of Education, Washington D.C.