Unha lingua vehicular é unha lingua, a miúdo simplificada, que serve de medio de comunicación entre poboacións de linguas diferentes. Opónse a lingua vernácula, falada localmente por unha poboación. As linguas litúrxicas desempeñan ás veces un papel tal en tanto que punto común lingüístico de comunidades multilingües unidas por unha mesma relixión.
o latín, na Antigüidade, servía, en competencia coa koinégrega, de lingua vehicular no seo dos pobos do Imperio Romano. Continuou, sobre todo na escrita pero non exclusivamente, a desempeñar este papel durante séculos en Europa ─ tanto máis canto que serviu por longo tempo de lingua litúrxicacristiá ─ no campo das ideas, das artes, das ciencias e das letras. Foi suplantada polas linguas vernáculas locais, entre elas o inglés, que cumpre un papel semellante hoxe;
o suahili, en África, permite a comunicación entre os diferentes pobos de África do leste;