Minamiarupusu (南アルプス市, みなみあるぷすし, Minamiarupusu-shi) é un concello da prefectura de Yamanashi no Xapón. Está situado ó sueste da rexión de Chūbu e ó oeste da prefectura, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 264,06km², a poboación é de 72.347 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 274 h/km².
A cidade de Minamiarupusu estableceuse pola fusión de 6 concellos do distrito de Nakakoma (Hatta, Shirane, Ashiyasu, Wakakusa, Kushigata e Kōsai) no ano 2003.