Os Pecílidos (Poeciliidae, Garman 1895) son unha familia de peixes de auga doce, incluídos na [[orde (bioloxía)|orde dos Ciprinodontiformes (Cyprinodontiformes). Propios da zona oriental de Estados Unidos ata o nordeste da Arxentina.
Corpo alargado, boca súpera e ollos grandes. Unha única aleta dorsal. Aletas pelvianas pequenas e dispostas algo por detrás das pectorais. Pedúnculo caudal algo comprimido e ben diferenciado. Aleta caudal redondeada.
Os machos posúen gonopodio e a fecundación é interna. Son ovovivíparos.