Philip Barry
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de xuño de 1896 Rochester |
| Morte | 3 de decembro de 1949 (53 anos) Nova York |
| Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
| Lugar de sepultura | Most Holy Trinity Catholic Cemetery (en) |
| Educación | Universidade Yale |
| Actividade | |
| Ocupación | dramaturgo, escritor, guionista |
| Membro de | |
| Obra | |
| Arquivos en | |
Philip Barry, nado en 1896 e finado en 1949, foi un dramaturgo norteamericano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Rochester, Nova York e estudou en Yale, rexeitado para o servizo militar durante a primeira guerra mundial, traballa para o Departamento de Estado, tras a fin da guerra volta a Yale e escribe a súa primeira obra teatral, Automony (1919) para o club de teatro universitario, o que posibilitou que estudase en Harvard con George Pierce Baker. Escribiu comedias satíricas sobre a alta sociedade norteamericana de entreguerras como Holiday (1928), The Animal Kingdom (1932) e The Philadelphia Story (1939), das que se fixeron varias versións cinematográficas. Tamén escribiu dramas serios como Tomorrow and Tomorrow (1931) e experimentais como Hotel Universe (1930).