Saltar ao contido

Port Louis, Port Louis

Port Louis, Port Louis
 Nome oficial
Port-Louis (fr)  
Port Louis (en)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Portlouisien (fr)  
Portlouisienne (fr)  
Port-louisien (fr)  
Port-louisienne (fr)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe do escudo
Imaxe da bandeira
Vista nocturna
Imaxe
 Epónimo
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: mayor of Port Louis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
Datas
 Fundación / creación
1735 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Situado na entidade xeográfica
 Continente
 Comparte fronteira con
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
   149.194 (2012) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   46.700.000 m² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   134 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF128993813 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0fs0b Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Port Louis é a capital e maior cidade de Mauricio. Situada no distrito homónimo, a cidade é o principal porto da illa, tiña unha poboación de 147.688 habitantes en 2003.

Os holandeses tomaron posesión da Illa Mauricio en 1638. Durante os primeiros anos da súa chegada, ocuparon dous puntos da illa, a baía do Gran Porto coñecida naquela época como Warwyck Haven e Port Louis, que foi chamado Noord-Wester Haven (Porto Noroeste en neerlandés) que abandonaron en 1658[1] e definitivamente en 1710. Tras pasar a posesión francesa os primeiros colonos, tras intentar facelo en Port Bourbon, asentáronse nos arredores do antigo porto neerlandés cara a 1722 [2]. En 1729, Nicolas de Maupin convértese no primeiro administrador da illa enteira. Baixo a súa administración, Port Louis converteuse na capital administrativa de feito e principal porto, en detrimento de Port Bourbon (Gran Porto). A Compañía francesa das Indias Orientais envía en 1732 ao enxeñeiro Cossigny para axudar na construción de fortificacións e do porto da cidade. En 1735 chegou o primeiro gobernador, Bertrand François Mahé de Labourdonnais, ao territorio, oficializou o asentamente como capital do territorio, e en menos de dez anos, Port Louis dotouse de construcións de defensa, así como hospitais, celeiros etc. A capital tomou forma grazas ao traballo dos escravos africanos e algúns artesáns chegados desde a cidade india de Madrás.

De 1767 a 1790, a illa pasa á tutela real. Os últimos anos da administración da compañía das Indias Orientais estiveron marcados pola falta de atención das autoridades e da coroa.

De 1772 a 1781, o porto foi agrandado, o que permitiu converterse a Port Louis nunha base estratéxica para as operacións francesas na India e durante a guerra de independencia dos Estados Unidos de Norteamérica. En 1804, a cidade tomou o nome de Port Napoleón, en honra ao emperador recentemente coroado.

Economía

[editar | editar a fonte]
Museo de Historia Natural
Museo de Historia Natural

A maior parte dos ingresos da cidade proveñen da actividade portuaria, que manexa a maior parte do comercio mauriciano. O porto transformouse nun porto dinámico, en 2005 foron calculados uns 300.000 movementos polas autoridades portuarias..

A industria da cidade está dominada polos téxtiles, aínda que os produtos químicos como o plástico e os produtos farmacéuticos son tamén de grande importancia.

O turismo é outra das actividades que máis ingresos deixa á cidade, o número de turistas aumentou considerablemente nos últimos anos, o que permitiu unha diversificación da industria local.

Poboación

[editar | editar a fonte]

A poboación da cidade componse basicamente dos descendentes dos traballadores empregados pola Compañía francesa das Indias Orientais no século XIX. Os escravos xa foran introducidos un século antes polos británicos e franceses que trataron de conquistar a illa.

En 1835 cando a escravitude foi abolida, chegaron centos de traballadores chineses e indios, aos que se empregaba en traballos agrícolas, como a recolección de cana de azucre para a fabricación do ron.

Actualmente a poboación componse nun 50% de indios, a maioría seguidores da fe hindú, unha gran porcentaxe de africanos e unha minoría de chineses e indoeuropeos.

  1. Denis Piat (2011) Mauritius: On the Spice Route, 1598-1810. Editions Didier Millet, páx. 34
  2. Alain Mountain (2002) This is Mauritius Struik, páx. 17