Praza.gal
| Praza.gal | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
Praza.gal[1] é un xornal dixital en galego que comezou a editarse o 1 de febreiro de 2012[2]. Actualmente é o segundo diario dixital de información xeral en galego por audiencia, detrás de Galicia Confidencial[3].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É editado pola Fundación Praza Pública, entidade sen ánimo de lucro declarada de interese público[4] e cuxo financiamento depende das achegas periódicas ou puntuais da cidadanía e da publicidade inserida no xornal. Foi presentado o 31 de xaneiro de 2012 no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela expoñendo nese acto a base da súa liña editorial, a transparencia, tanto na xestión económica coma na informativa[2].
O xornal desenvólvese usando unicamente software libre e o 8 de febreiro do 2012 liberou todo o código fonte das ferramentas para a súa creación e soporte, algunhas delas desenvolvidas pola empresa galega A navalla suíza e outras xa existentes na rede.[5]
No seu inicio, o traballo xornalístico remunerado corría a cargo de tres persoas: Marcos Pérez Pena, David Lombao e máis Lara Graña. Tras a marcha de Lara Graña incorporouse ao equipo o xornalista Miguel Pardo.
Difunde anualmente informes de transparencia sobre a súa situación organizativa, social, económica e de audiencia, mostrando os datos económicos desagregados por ingresos e gastos de cada mes.[6]
En decembro de 2018 lanzou a reformulación do seu deseño, coa creación dunha área privada para as socias e edicións locais das sete cidades. Nese momento tamén se estreou baixo a súa plataforma a revista dixital Vinte.
Redes sociais e comunidade
[editar | editar a fonte]
Desde a súa creación, o diario Praza.gal apostou polas redes sociais. Así, en marzo de 2018 a súa comunidade ascendía a máis de 40.000 persoas entre Facebook, Twitter e YouTube. Na portada mantén a sección Fálase de..., dedicada a compartir mensaxes curtas de noticias de última hora, vídeos, fotografías ou noticias de medios asociados como eldiario.es, Nós televisión ou outros.
En 2026 Praza Pública foi Premio Insua dos Poetas no eido dos Medios de comunicación.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fundación Praza Pública
- 1 2 Ponse en marcha Praza Pública apostando por dous conceptos clave: a transparencia e a lingua galega
- ↑ "Top 50 de webs en galego". Código Cero. Arquivado dende o orixinal o 22/04/2020. Consultado o 08/03/2018.
- ↑ "Achegas - Que sustenta Praza?". Consultado o 08/03/2018.
É unha fundación sen ánimo de lucro [...]. Constituíuse en maio de 2012 está rexistrada como fundación de interese galego.
- ↑ "O código fonte de Praza, liberado". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2012. Consultado o 09 de febreiro de 2012.
- ↑ Informes de transparencia en Praza.gal
- ↑ "A Fundación Insua dos Poetas homenaxerá a lírica galega medieval na entrega dos seus premios anuais". La Voz de Galicia. 2026-07-14. Consultado o 2026-07-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praza.gal |