Saltar ao contido

Rata negra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rata negra
 Nome taxon
    Rattus rattus
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    R. rattus (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Sinónimo taxonómico
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeRodentia
FamiliaMuridae
TriboRattini
XéneroRattus
EspecieRattus rattus Editar o valor en Wikidata
(Linnaeus, 1758) Rattus rattus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración máxima da vida
   4,2 a Editar o valor en Wikidata
Localización
 Invasora en
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/0fjgg Editar o valor en Wikidata
UNIIS2J4L98T0C Editar o valor en Wikidata
ITIS180362 Editar o valor en Wikidata
UICN19360 Editar o valor en Wikidata
CoL4RM6W Editar o valor en Wikidata
EOL328447 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

A rata negra (Rattus rattus) é unha especie de roedor miomorfo da familia dos múridos (Muridae), orixinaria de Asia tropical que está presente en Europa desde o século VIII, e que desde aí dispersouse polo resto do mundo, adaptándose a case todos os hábitats, aínda que predomina nos ambientes cálidos.

Está incluída na lista das "100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo",[1] confeccionada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Características

[editar | editar a fonte]

A lonxitude da cabeza e o tronco é de 16 a 22 cm, e a cola, sen pelos e cuberta de escamas en anel, mide de 17 a 24 cm. O seu peso é de entre 150 a 230 g.

O fociño é aguzado, rematando en punta. A capa é negra ou gris escura. Vive de 2 a 3 anos.

Historia natural

[editar | editar a fonte]

Encóntrase nos asentamentos humanos e prefire vivir baixo teito. A diferenza da rata gris (Rattus norvegicus), é especialista en gabear.

As femias teñen 5 ou 6 camadas ao ano. O tempo de xestación é de 21 a 30 días, e paren cada vez de 5 a 8 crías, que ao naceren son cegas e non teñen pelo.

A rata negra ocasiona graves problemas económicos e sanitarios. Ademais de consumir ou danar os alimentos, asóciase a moitas enfermidades, como a peste bubónica, transmitida pola pulga Xenopsylla cheopis que a parasita.

Como mascota

[editar | editar a fonte]

As ratas negras ás veces son mantidas como mascota. Porén, a maioría das ratas de compañía son exemplares domesticados de Rattus norvegicus.

  1. Rattus rattus. 100 of the World's Worst Invasive Alien Species Arquivado 29 de abril de 2015 en Wayback Machine.. Publicado polo Grupo Especialista de Especies Invasoras (ISSG), un grupo especialista da Comisión de Supervivencia de Especies (CSE) da Unión Mundial para a Naturaleza (IUCN), 12 pp. Primeira edición, en inglés, sacada xunto co número 12 da revista Aliens, decembro de 2000.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]