Saltar ao contido

Rodrigo Cortés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRodrigo Cortés

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Rodrigo Cortés Giráldez Editar o valor en Wikidata
31 de maio de 1973 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Pazos Ermos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, creador de podcast, actor, montador, produtor de cinema, director de cinema, escritor Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0181579 Allocine: 203669 Allmovie: p527289
BNE: XX1736524 BUSC: 981013467849507712 Musicbrainz: 63b35807-5d0c-4ac8-a65c-93d5abc60ae1 Editar o valor en Wikidata

Rodrigo Cortés Giráldez, nado en Pazos Ermos (Cenlle) o 31 de maio de 1973, é un director, actor, produtor e guionista de cine galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Pazos Ermos, de onde era a súa nai, pero de pequeno marchou vivir a Salamanca[1]. Realizou a súa primeira curtametraxe, El descomedido y espantoso caso del victimario de Salamanca, con 16 anos en formato súper 8. A súa seguinte obra foi Siete escenas de la vida de un insecto, rodada en branco e negro e baseada n’A metamorfose de Kafka.

A comezos de 1998 foi contratado por Sogetel e Jabalina Records para rodar o videoclip da canción de Onion "Sick of you", para a película de Alejandro Amenábar Abre los ojos[2]. En xullo dese mesmo ano realizou a curtametraxe Yul, coa que se obtivo bastatantes galardóns en España e que lle permitiu darse a coñecer no ámbito cinematográfico. En 2001 estrenou 15 días, que acadou un nomeamento aos Premios Goya como mellor curtametraxe e que en menos de dous anos logrou máis de 50 galardóns. Logrou o Universal Studios Award, pasando dúas semanas nos Estudios Universal dos Ánxeles facendo un Filmmaster.

Na primavera de 2001 foi seleccionado por TVE e a produtora Filmart para participar na primeira edición en España de Los diminutos del calvario. A finais de 2003 foi contratado por Universal Music para facer o videoclip da canción do tema "Travesura", do músico de chill out José Luis Encinas.

En 2007 realizou a súa primeira longametraxe, Concursante, que recibiu o premio da crítica no Festival de Málaga dese mesmo ano.[3].

En setembro de 2010 estreouse Buried, protagonizada por Ryan Reynolds, cualificada polo New York Times como "unha película de horror con delirios de grandeza"[4]. O filme obtivo o premio da crítica no Festival de Deauville e o premio á mellor película en L’Etrange Festival días antes da estrea. Tamén acadou o Meliés de Ouro no Festival de Cine de Sitges de 2010.

En marzo de 2012 estreou o filme de suspense Red Lights, protagonizado por Sigourney Weaver, Robert De Niro e Cillian Murphy. O filme céntrase na figura dunha parapsicóloga que procura desacreditar a un reputado vidente que volveu á fama logo de 30 anos.

Traballou como tertuliano na Cultureta, en Onda Cero, baixo a dirección de Carlos Alsina. En ABC na sección Verbolario (dicionario satírico que lle inspirou un libro).

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Como director

[editar | editar a fonte]
  • Yul (curta, 1998; director, produtor, guionista e actor)
  • 15 días (curta, 2000; director, produtor, guionista, compositor e actor)
  • La ley de Murphy (curta, 2000; guionista, supervisor de diálogos e actor)
  • Diminutos del calvario (curta, 2001; guionista)
  • Los 150 metros de Callao (curta, 2002; director, produtor, guionista e actor)
  • Dentro (curta, 2002; director, guionista e compositor)
  • Interruptus (curta, 2003; guionista, supervisor de diálogos e actor)
  • Concursante (2007; director e guionista)
  • Dirt Devil (curta, 2007; director, produtor, guionista e actor)
  • Impávido (curta, 2007; guionista e supervisor de diálogos)
  • Buried (2010; director e produtor)
  • Emergo (2010; produtor)
  • Luces rojas (2012), con Robert de Niro, Sigourney Weaver e Cillian Murphy.
  • Down a Dark Hall (2017; director)
  • Blackwood (2018), con Uma Thurman e AnnaSophia Robb.
  • Love Gets a Room (o amor no seu lugar) (2021)
  • Escape (2024), con Anna Castillo e Mario Casas, adaptación dunha novela de Enrique Rojizo e producido por Martin Scorsese.[5]

Obra escrita

[editar | editar a fonte]
  • A las 3 son las 2 (2013). Ed. Delirio. 144 páxs. ISBN 978-84-15739-03-6. Colección de antiaforismos, delirios e bombas de man.
  • Sí importa el modo en que un hombre se hunde (2014). Ed. Delirio. 198 páxs. ISBN 978-8415739104. Novela.
  • Dormir es de patos (2016). Ed. Delirio. 168 páxs. ISBN 978-84-15739-14-2. Libro de breverías.
  • Los años extraordinarios (2021). Random House. 360 páxs. ISBN 9788439738848. Novela.
  • Verbolario (2022). Random House. 216 páxs. ISBN 9788439740742. O "antidiccionario" de 2.500 definicións.[6]
  • Cuentos telúricos (2024). Random House. 234 páxs. ISBN 9788439743194.
  1. ↑ «Ao saír do cine o público perderá dous quilos», artigo en La Voz de Galicia, 1 de outubro de 2010.
  2. ↑ "El director ourensano Rodrigo Cortés revoluciona el festival de Sundance", artigo de Rafael López-Vigo no Faro de Vigo, 27 de xaneiro de 2010 (en castelán).
  3. ↑ Concursante Arquivado 04 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., ficha na web da AAG.
  4. ↑ "Captive in Iraq, Stymied by Voice Mail", artigo de Stephen Holden no New York Times, 23 de setembro de 2010 (en inglés).
  5. ↑ "'Escape': fecha de estreno, tráiler, reparto, sinopsis y más de la película de Rodrigo Cortés con Mario Casas". Fotogramas (en castelán). 2024-07-05. Consultado o 2024-09-19.
  6. ↑ EFE, Redacción digital Informativos Telecinco, Agencia (2022-10-02). "TELECINCO - televisión a la carta, series y entretenimiento". Telecinco (en Spanish). Consultado o 2024-09-19.
  7. ↑ SL, POMBAPRESS. "Rodrigo Cortés gana a Calpurnia de Honra 2024 do Ourense Filme Festival". GaliciaPress. Consultado o 2024-09-19.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]