Saltar ao contido

STS-49

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-49
Lanzamento da misión STS-49.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento7 de maio de 1992, 23:40 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión8,89 días[6]
Obxectivo da misiónPrimeiro voo do Endeavour, recuperación e reparación do satélite Intelsat VI.[3][6]
Regreso16 de maio de 1992[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1992-026A

STS-49 foi a primeira misión do transbordador espacial Endeavour, lanzada o 7 de maio de 1992 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-49, con sete astronautas a bordo (Daniel Brandenstein, Kevin Chilton, Richard Hieb, Bruce Melnick, Pierre Thuot, Kathryn Thornton e Thomas Akers), foi lanzada para recuperar e reparar o o satélite Intelsat VI. Despois dun lanzamento sobre un foguete Commercial Titan III, Intelsat VI quedou nunha órbita baixa polo fallo da última etapa. A tripulación da STS-49 recuperou o satélite tras tres sucesivos paseos espaciais, o último dos cales foi o primeiro no que participaron tres astronautas á vez. Tras capturalo adosáronlle un novo motor para envialo á súa órbita final xeosincrónica. Fíxose un cuarto paseo espacial para probar técnicas de construción no espazo de cara á montaxe dunha futura estación espacial mediante o experimento Assembly of Station by EVA Methods (ASEM). Como experimentos secundarios o Endeavour levaba a bordo os experimentos CPCG, UVPI e AMOS.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 16 de maio de 1992, tras extenderse a súa misión dous días. Foi a primeira vez que un transbordador usou un paracaídas na súa aterraxe para reducir a súa velocidade.[3][5][6][7]

  1. ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 49" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 16 September 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-58657(E)). 9 de outubro de 2002: 4. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 49" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
  4. ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-49" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2018. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 Mark Wade (2011). "STS-49" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
  7. 1 2 NASA (31 de marzo de 2010). "STS-49" (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]