Saltar ao contido

STS-8

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-8
Lanzamento da misión STS-8.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento30 de agosto de 1983, 6:32 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión6,05 días[6]
Obxectivo da misiónPosta en órbita do Insat 1B.[3][6]
Regreso5 de setembro de 1983[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1983-089A

STS-8 foi unha misión do transbordador espacial Challenger lanzada o 30 de agosto de 1983 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-8, con cinco astronautas (Richard Truly, Daniel Brandenstein, Dale Gardner, Guion Bluford e William Thornton) a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite Insat 1B e facer varios experimentos. Bluford foi o primeiro astronauta afroamericano da Historia.[3][5][6][7]

Durante o voo a proa do transbordador mantívose apuntando en sentido contrario ao Sol durante 14 horas para estudar o ambiente na cuberta de voo en frío extremo.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 5 de setembro de 1983. Foi a primeira misión dun transbordador en engalar e aterrar de noite.[3][5][6][7]

  1. ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 8" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 "Note by the Secretariat" (PDF) (83-04858). 5 de marzo de 1984: 6. Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 8" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  4. ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-8" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-8" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  7. 1 2 3 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-8" (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]