Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Saratov (en ruso:Саратов) é unha cidade localizada no sur de Rusia, centro administrativo do Óblast de Saratov, un dos principais portos do río Volga e nó ferroviario e de comunicacións por estrada, ten aeroporto internacional a súa poboación é de 837.831 habitantes (2010) e constitúe un centro industrial diversificado e é sede de numerosas institucións culturais e pedagóxicas. Fundouse como unha fortaleza para gardar as fronteiras do sur de Rusia en 1590, desenvolvéndose na segunda metade do século XVIII como centro do comercio de peixe e sal e no XIX de gran. A partir da década de 1930 comezou a industrialización da cidade.