Sargent House é unha compañía de xestión e selo discográficoestadounidense baseado nos Ánxeles. A empresa foi fundada en xuño de 2006 por Cathy Pellow,[1] que é unha comisario de vídeos musicais para Atlantic Records[2] e tamén posúe unha produtora de vídeo chamada Refused TV. Pellow comezou representando ao grupo de rock RX Bandits en 2006.[2] A banda necesitaba editar o seu novo álbum, ...And the Battle Begun, polo que Pellow decidiu crear o seu propio selo, tamén coa idea de poder facer cousas distintas ao modelo tradicional das discográficas. Dende ese momento Pellow continuou representando bandas e editando discos, todo baixo a marca de Sargent House.