Scratch or Stitch é o segundo álbum de estudio da banda xaponesa de noise rockMelt-Banana, publicado en novembro de 1995 a través do selo Meldac no Xapón e de Skin Graft Records nos Estados Unidos. Este traballo foi o primeiro grande éxito da banda, ademais de ser o seu primeiro lanzamento estadounidense. As versións en vinilo do disco limitáronse a 2 600 copias, nunha embalaxe de goma cun póster coas letras e unha tatuaxe temporal de Melt-Banana.[1]
O álbum foi gravado entre os meses de xullo e agosto en Chicago por Steve Albini e foi mesturado por Jim O'Rourke.[2][3] O disco, xunto cunha xira polos Estados Unidos con Mr. Bungle, axudaron a establecer a Melt-Banana como unha das bandas líderes do novo punk rock xaponés. Melt-Banana ten dito en entrevistas como o público berraba "Queremos ver a Mr. Bungle", "Freebird" e "Volvede a Xapón", mostrando o descoñecidas que eran naquel momento.
A lista de cancións está chea de cancións favoritas en directo de Melt-Banana, como "Plot in a Pot", "Scratch or Stitch", "Sick Zip Everywhere", "It's in the Pillcase", "His Name is Mickey" e "Iguana in Trouble". Realizouse un vídeo promocional para "Sick Zip Everywhere" que foi rexeitado pola MTV nos Estados Unidos e que foi un dos mellores videos do ano para a MTV do Reino Unido.[3]