Saltar ao contido

Silene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Silene
 Nome taxon
    Silene
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Sileno (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
 Taxon homónimo
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeCaryophyllales
 FamiliaCaryophyllaceae
 SubfamiliaCaryophylloideae
 XéneroSilene Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Silene Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0k36l Editar o valor en Wikidata
MeSHD029751 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777336512 Editar o valor en Wikidata
ITIS20040 Editar o valor en Wikidata
OTT154053 Editar o valor en Wikidata
CoL644QW Editar o valor en Wikidata
EOL47131064 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-4000035363 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Silene é un xénero de plantas fanerógamas da familia Caryophyllaceae. É sinónimo co xénero Lychnis, entre moitos outros. En Galiza atopamos diferentes especies.

Descrición

[editar | editar a fonte]

As Silene son plantas de follas opostas, lampinas ou vilosas.

As flores están en feixes. O cáliz é tubular que leva de 10 a 30 nervaduras e se termina en 5 dentes os 5 pétalos son bilobulados ou sutilmente divididos en correas. Hai 10 estames, e 3 (ás veces 5) estilos.

Varias especies teñen ou poden ter flores unisexuais (en particular, Silene dioica e Silene latifolia). Neste caso o cáliz das flores femininas xeralmente é máis inchado ca o das flores masculinas. O froito é unha cápsula con 5 compartimentos.

Silene dioica e Silene latifolia son moi correntes como plantas bravas por toda Europa, incluíndo Galiza.

É doado que hibriden para produciren individuos con flores dunha cor rosa máis pálida. Silene musgo é común na rexión setentrional do ártico.

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

As especies de Silene son a base de alimentación das larvas dalgunhas especies de Lepidoptera (bolboretas e avelaíñas).

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 416–421. 1753.[1] A especie tipo é: Silene anglica L.

Etimoloxía

O nome do xénero está certamente vencellado ao personaxe de Sileno (en grego Σειληνός; en latín Sīlēnus), pai adoptivo e preceptor de Dionisos, sempre representado co bandullo inchado semellante aos cálices de numerosas especies, por exemplo Silene vulgaris ou Silene conica. Malia que tamén se ten evocado (Teofrasto via Lobelius e despois Linné) unha posíbel orixe a partir do grego σίαλoν, ου, "cuspe, moco, baba", aludindo á viscosidade de certas especies, ou ben σίαλος, oν, "groso", que sería o mesmo que a primeira interpretación, ou sexa, inflado/inchado.

Nomes comúns:

  • Galego: depende da especie, algúns nomes son coincidentes con varias especies: colexa, silene, asubiote, catalinas, dioica...

Rexeneración

[editar | editar a fonte]

Científicos da Academia de Ciencias de Rusia cultivaron espécimes de Silene stenophylla a partir da placenta de froitos conservados durante 32.000 anos no permafrost de Siberia. Trátase logo da planta máis antiga devolta á vida.[2]

Especies de Silene

[editar | editar a fonte]

En Galiza atopamos principalmente Silene latifolia (chamada subiote[3] ou cabaciña[4]), Silene armeria (chamada atoción[5]), Silene maritima, silene vulgaris (chamada colexa[5]), Silene dioica (chamada dioica), Silene scabriflora (chamadas catalinas)[6].

Especies de Europa :

Especies de América do Norte :

  1. ↑ "Silene". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 7 de febreiro de 2013.
  2. ↑ Svetlana Yashina, Stanislav Gubin, Stanislav Maksimovich, Alexandra Yashina, Edith Gakhova, and David Gilichinsky (2012) Regeneration of whole fertile plants from 30,000-y-old fruit tissue buried in Siberian permafrost PNAS 2012 doi: 10.1073/pnas.1118386109
  3. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para subiote.
  4. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cabaciña.
  5. 1 2 Juan Cuveiro Piñol (1876): Diccionario Gallego, Barcelona
  6. ↑ Nomes vulgares galegos es E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  1. Baker, R. D. A. & W. C. Burger. 1983. Family 70. Caryophyllaceae. In: W. Burger (ed.), Flora Costaricensis. Fieldiana, Bot., n.s. 13: 227–247.
  2. Flora of China Editorial Committee. 2001. Fl. China 6: 1–512. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  3. Flora of North America Editorial Committee, e. 2005. Magnoliophyta: Caryophyllidae, part 2. 5: i–xxii + 1–656. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
  4. Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/.
  5. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidad de Antioquia, Medellín.
  6. Luteyn, J. L. 1999. Páramos, a checklist of plant diversity, geographical distribution, and botanical literature. Mem. New York Bot. Gard. 84: viii–xv, 1–278.
  7. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  8. Standley, P. C. & J. A. Steyermark. 1946. Caryophyllaceae. In Standley, P.C. & Steyermark, J.A. (Eds), Flora of Guatema la - Part IV. Fieldiana, Bot. 24(4): 217–239.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]