Soiuz TM-2
| Soiuz TM-2 | |
|---|---|
| Tipo | Tripulada |
| Data de lanzamento | 5 de febreiro de 1987, 21:38 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Soiuz U2[2][5] |
| Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
| Duración da misión | 174,14 días[6] |
| Obxectivo da misión | Acoplamento coa Mir.[2][6] |
| Regreso | 30 de xullo de 1987, 1:05 GMT[1][6] |
| NSSDC ID | 1987-013A |
| Masa | 7000,0 kg[2][5][6] |
Soiuz TM-2 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 5 de febreiro de 1987 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Características
[editar | editar a fonte]Soiuz TM-2, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Iuri Romanenko e Aleksandr Laveikin a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.[2][3][4][5]
Laveykin tivo que ser evacuado prematuramente na Soiuz TM-3 debido a problemas de saúde, deixando a Romanenko xunto con Aleksandrov (chegado na TM-3) nunha misión de longa duración. Durante a súa estancia a Mir recibiu o módulo Kvant, que tivo problemas para acoplarse á estación ata que os cosmonautas, durante un paseo espacial, eliminaron un obxecto que obstruía a zona de conexión entre a estación e o módulo. Máis tarde durante a misión tamén chegaron a Progress 29, a Progress 30 e a Soiuz TM-3.[2][3][4][5]
A Soiuz TM-2 regresou a terra o 30 de xullo de 1987 ás 1:05 GMT con Muhammed Faris, Laveykin e Alexander Viktorenko a bordo.[2][3][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 2" (en inglés). Consultado o 27 de novembro de 2017.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 2" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2020. Consultado o 27 de novembro de 2017.
- 1 2 3 4 5 "Note verbale dated 27 June 1987 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (87-16562). 7 de xullo de 1987: 3. Consultado o 27 de novembro de 2017.
- 1 2 3 4 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-2" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2017. Consultado o 27 de novembro de 2017.
- 1 2 3 4 5 6 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2017. Consultado o 27 de novembro de 2017.
- 1 2 3 4 5 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-2" (en inglés). Consultado o 27 de novembro de 2017.