Saltar ao contido

Spacehab

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Spacehab
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Implicados
 Operador/a
 Fabricante
Localización
 País de orixe
Wikidata C:Commons

Spacehab foi unha serie de módulos habitables utilizados a bordo de varias misións dos transbordadores espaciais da NASA.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

Os módulos Spacehab foron deseñados, desenvolvidos e comercializados pola empresa do mesmo nome, hoxe Astrotech Corporation. Spacehab Inc. foi fundada por Bob Citron en 1982 en Houston, Texas e considérase a única compañía privada en desenvolver con éxito un módulo espacial comercial habitable.[1][2]

O primeiro módulo desenvolveuse a partir do módulo Spacelab da Axencia Espacial Europea e tiña unha masa de 5000 kg e un volume presurizado de 28,3 m3 para acomodar experimentos e tripulación. Debido aos acordos da NASA coa ESA o primeiro módulo Spacehab non voou ata 1993, na misión STS-57.[1][2]

Spacehab 01 na misión STS-57.
  1. 1 2 3 Mark Wade (2021). "Spacehab" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2021.
  2. 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]