Saltar ao contido

Taiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Taiga
Imaxe
 Subclase de
Localización
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/07pry Editar o valor en Wikidata
MeSHD066188 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC87621631 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 190101
Wikidata C:Commons

A taiga[1] (pronunciado /'taɪgə/ ou /taɪ'gə/, do ruso тайга́), tamén coñecida por bosque de coníferas, ou bosque boreal, é un bioma comumente atopado no norte de Alasca, o Canadá, sur de Groenlandia, parte de Noruega, Suecia, Finlandia, Siberia e o Xapón.

No Canadá, emprégase o termo bosque boreal para designar a parte meridional dese bioma, e o termo taiga é usado para designar as áreas menos arboradas ao sur da liña de vexetación arbórea do Ártico.

En Galiza, Portugal e no Brasil, o termo taiga é xeralmente empregado para designar os bosques rusos, en tanto que se usa bosque boreal ou bosque de coníferas para referirse aos bosques dos restantes países.

Taiga en Alasca.