Saltar ao contido

The Big Short

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Big Short
 Título
    The Big Short (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Caracterizado por
 Cor
 Formato de distribución
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Tema principal
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
Datas
 Data de publicación
4 de febreiro de 2016 (Hungría)
11 de decembro de 2015 (Estados Unidos)
14 de xaneiro de 2016 (Alemaña)
12 de novembro de 2015 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
2015rodaxe Editar o valor en Wikidata
 Premios e distincións
Óscar ó mellor guión adaptado (28 de febreiro de 2016) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Óscar ó mellor actor secundario (14 de xaneiro de 2016)
Óscar á mellor montaxe (14 de xaneiro de 2016)
Óscar ó mellor guión adaptado (14 de xaneiro de 2016)
Óscar ó mellor director (14 de xaneiro de 2016)
Óscar ó mellor filme (14 de xaneiro de 2016) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Custo
   28.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Recadación
   133.346.506 $ Editar o valor en Wikidata
 Duración
   130 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Fontes e ligazóns
VIAF114145911104027060960 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0004-1C8C-0000-J-0000-0000-H Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
7.8/10 Internet Movie Database (17 de marzo de 2026)
89% Rotten Tomatoes (14 de agosto de 2024)
81/100 Metacritic (13 de febreiro de 2024)
7.8/10 Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt1596363 Filmaffinity: 774066 Allocine: 227900 Rottentomatoes: m/the_big_short Mojo: bigshort Allmovie: v596340 TCM: 2064599 Metacritic: movie/the-big-short
Facebook: TheBigShortMovie Twitter: thebigshort BNE: XX5647050 Netlix: 80075560 Editar o valor en Wikidata
Wikidata
Entre as técnicas non habituais do filme están varios cameos con personaxes coñecidos para expoñer o problema financeiro. Selena Gomez é unha das personaxes que aparecen, explicando nunha mesa de xogo de Las Vegas en que consiste un produto financeiro, o CDO sintético

The Big Short é un filme estadounidense de 2015 do xénero de comedia dramática biográfica dirixida por Adam McKay e escrito por McKay e Charles Randolph, baseado no libro The Big Short: Inside the Doomsday Machine (2010) de Michael Lewis sobre a crise financeira de 2007-2008 , que se desencadeou pola burbulla inmobiliaria dos Estados Unidos[1]. Entre outros actuaron na produción Christian Bale, Steve Carell, Ryan Gosling, Brad Pitt, Melissa Leo e Marisa Tomei.

A película caracterízase polas súas técnicas pouco convencionais para explicar instrumentos financeiros complexos. Entre outros, dispón cameos con Margot Robbie, Anthony Bourdain, Selena Gomez e Richard Thaler que rompen a cuarta parede para explicar conceptos tales como hipotecas de alto risco e obrigacións garatizadas por débeda como unha metareferencia, outros actores diríxense ao público, en especial Gosling, que serve como narrador.

A primeira estrea foi nos Estados Unidos, en versión limitada, nalgúns cinemas escollidos o 11 de decembro de 2015. Paramount Pictures[2][3] estrou o filme para o resto dos cinemas o 23 de decembro . O filme foi un éxito económico e de crítica, recadando 133.000.000 $ cun orzamento de 50.000.000. Logrou candidaturas a cinco premios da Academia: mellor filme, mellor director, mellor actor secundario, mellor montaxe e mellor guión adaptado, gañando este último.

Argumento

[editar | editar a fonte]
Marisa Tomei, unha das protagonistas do filme, en 2012

O filme describe diversos actores clave na creación da permuta de incumprimento crediticio no mercado que buscaba apostar en contra da obriga colateralizada por débeda (CDO), e que rematou aproveitando a crise financeira global. A película componse de tres historias separadas que se executan simultaneamente, sen trama ningunha superposta, só conectadas pola colapso do mercado hipotecario. Michael Burry (Christian Bale) é o xestor dun fondo de alto risco, que decide investir moito do diñeiro en apostar a que o sistema imobiliario dos Estados Unidos vai quebrar nun breve prazo. Esa decisión xéralle complicacións cos investidores, ao non apostar contra do sistema ninguén antes e tirar proveito. Ao saber destes investimentos, o corredor Jared Vennett (Ryan Gosling) percibe a oportunidade e ofrécella aos seus clientes. Un deles é Mark Baum (Steve Carell), o dono dunha corredoría que enfronta problemas persoais dende o suicidio do seu irmán. Paralelamente, dous principiantes na Bolsa de Valores pensan que poden gañar moitos cartos ao apostar na crise inmobiliaria e, para tanto, piden axuda a un gurú de Wall Street, Ben Rickert (Brad Pitt), que vive recluso.[4]

Un grupo de actores durante un descanso na rodaxe do filme en Nova York o 22 de maio de 2015

Produción

[editar | editar a fonte]

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

En 2013, Paramount adquiriu os dereitos do libro de non ficción The Big Short: Inside the Doomsday Machine de Michael Lewis para desenvolvelo nun filme, que a produtora de Brad Pitt, Plan B Entertrainment ía producir[5]. O 24 de marzo de 2014 contratouse a Adam McKay para escribir e dirixir a película, sobre a burbulla económica e hipotecaria.[1] o guionista Charles Randolph, escribiu a historia e un dos primeiros cambios foi atopar o ton correcto para a película[6]. Dous anos despois de Randolph escribir o seu proxecto, McKay, como director, reescribiu o guión. Foi de McKay a idea de incluír cameos de famosos no filme para explicar conceptos financeiros.

O 13 de xaneiro de 2015, Variety anunciou que Brad Pitt, Christian Bale, e Ryan Gosling ían protagonizar o filme, con Pitt producindo a película canda Dede Gardner e Jeremy Kleiner. Plan B Entertrainment ía financialo, e Paramount xestionaría os dereitos de distribución.[7] Pitt xa actuou na adaptación doutro libro de Lewis Moneyball, co que foi candidato aos Óscar. O 14 de xaneiro, anunciouse que Steve Carell tamén actuaría.[8] O 21 de abril de 2015 Deadline deu a coñer a máis membros da repartición, Melissa Leo, Marisa Tomei, Tracy Letts, Hamish Linklater, John Magaro, Byron Mann, Rafe Spall, Jeremy Strong, e Finn Wittrock.[9] Charles Randolph escribiu a versión inicial. Max Greenfield uniuse o elenco da película o 23 de abril de 2015.[10] Karen Gillan chiou sobre a súa implicación na película o 8 de maio de 2015.[11]

A rodaxe principal comezou o 18 de marzo de 2015 en Nova Orleáns (Luisiana)[12][13]. O 20 de maio de 2015 rodouse en Manhattan, Nova York[14]. O 22 de maio, o equipo de produción recreou as oficinas da empresa de investimento Lehman Brothers no ástrago do Departamento de Servizos Financeiros do Estado de Nova York, en Manhattan[15].

O 22 de setembro de 2015 Paramount anunciou que o filme coñecería unha estrea limitada o 11 de decembro de 2015, mentres a exhibición xeral comezaría o 23 de decembro de 2015[16]. O filme saíu en DVD e Blu-ray o 15 de marzo de 2016.

Recepción

[editar | editar a fonte]

Recadación

[editar | editar a fonte]

The Big Short recadou 70.300.000$ nos Estados Unidos e o Canadá e outros 63.200.000 no resto do mundo, facendo un total de 133.400.000 fronte a un orzamento de produción de 50.000.000.

A estrea foi en oito cines dos Ánxeles, Nova York, San Francisco e Chicago o 11 de decembro de 2015 e recadou 705.527$ (unha media de 88.191 por cine). A mellor posición dunha película de estrea en oito localidades, superando a anterior marca de Memorias dunha gueixa (85.313 por cine)[17] A estrea en todo o país foi o 23 de decembro de 2015 e recadou 2.300.000$ no seu primeiro día e na primeira fin de semana recadou 10.500.000, a 6º mellor recadación.[18]

En Rotten Tomatoes, a película ten unha taxa de aprobación do 88% baseada en 281 críticas, cunha media de 7.8/10. En Metacritic, a súa puntuación é de 81 sobre 100, baseada en 45 críticas, indicando "recoñecemento universal"[19]. En CinemaScore o público consultado deulle ao filme unha nota media de "A–" nunha escala de A+ a F. IGN deulle unha puntuación de 8.6/10, enxalzando a súa "enérxica dirección" e facer "un complicado conto comprensible para o leigo, mesmo cando desencadea indignación nos logreiros que axudaron a causalo"[20]. The New York Times afirmou que ofrece a mellor explicación que deu filme á crise financeira global[21].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 "Paramount Taps ‘Anchorman’ Helmer Adam McKay To Adapt And Direct Michael Lewis’ ‘The Big Short’ About Economic Meltdown". deadline.com. 24 de marzo de 2014.
  2. ↑ "Paramount pushes 'The Big Short' into awards season". Associated Press. 25 de setembro de 2015.
  3. ↑ "The Big Short | Trailer & Movie Site | decembro de 2015". The Big Short. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2015.
  4. ↑ "A Grande Aposta". AdoroCinema. Consultado o 16 de xaneiro de 2016.
  5. ↑ McNary, Dave (24 de marzo de 2014). "‘Anchorman's’ Adam McKay Boards Financial Drama".
  6. ↑ Hogan, Brianne (20 de xaneiro de 2016). "Banking on The Big Short". Creative Screenwriting.
  7. ↑ "Brad Pitt, Christian Bale and Ryan Gosling to Star in Financial Drama ‘The Big Short’". Variety.
  8. ↑ "Steve Carell in Talks to Join Christian Bale, Ryan Gosling in 'The Big Short'". Hollywood Reporter.
  9. ↑ "‘The Big Short’ Solidifies With Christian Bale, Steve Carell, Ryan Gosling, Brad Pitt". Deadline.
  10. ↑ "Max Greenfield Joins Brad Pitt, Ryan Gosling in ‘The Big Short’".
  11. ↑ "Just had an amazingly fun day shooting on The Big Short film!". Twitter. 8 de maio de 2015.
  12. ↑ "Brad Pitt, Ryan Gosling, & Christian Bale are headed to Orleans for ‘The Big Short’". OLV=data=10 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2015. Consultado o 09 de setembro de 2017.
  13. ↑ "‘The Big Short’, starring Brad Pitt, Ryan Gosling, & Christian Bale, begins filming in New Orleans". OLV. 23 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2015. Consultado o 09 de setembro de 2017.
  14. ↑ "‘The Big Short’, starring Brad Pitt and Ryan Gosling, is filming in NYC this week!". OLV. 16 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2015. Consultado o 09 de setembro de 2017.
  15. ↑ "‘Big Short’ Recreates Lehman Bros. Offices in Regulator’s Building". The Wall Street Journal. 22 de maio de 2015.
  16. ↑ "Paramount pushes 'The Big Short' into awards season". CNS News. 22 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 09 de setembro de 2017.
  17. ↑ "Box Office: Ron Howard's 'Heart of the Sea' Capsizes With $11M U.S. Debut". The Hollywood Reporter. 13 de decembro de 2015.
  18. ↑ "‘Star Wars’ Flies To $540M In Second Best Box Office Weekend Of All Time". Deadline. 28 de decembro de 2015.
  19. ↑ "The Big Short". Metacritic.
  20. ↑ "The Big Short Review". IGN. 8 de decembro de 2015.
  21. ↑ "What ‘The Big Short’ Gets Right, and Wrong, About the Housing Bubble". The New York Times. 23 de decembro de 2015.