Saltar ao contido

The Martian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Martian
 Título
    The Martian (en) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Época ambientación
 Universo ficticio
Implicados
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
Datas
Historia
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Óscar ó mellor actor (14 de xaneiro de 2016)
Óscar ó mellor son (14 de xaneiro de 2016)
Óscar á mellor edición de son (14 de xaneiro de 2016)
Óscar ó mellor deseño de produción (14 de xaneiro de 2016)
Óscar ó mellor guión adaptado (14 de xaneiro de 2016)
Óscar ó mellor filme (14 de xaneiro de 2016)
Óscar ós mellores efectos visuais (14 de xaneiro de 2016) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Formato imaxe
   2.35:1 Editar o valor en Wikidata
 Orzamento
   108.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Custo
   108.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Recadación
630.161.890 $
228.433.663 $ Editar o valor en Wikidata
 Duración
   141 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF335144782718811088101 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0004-0CB6-0000-G-0000-0000-Q Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01295z79 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
80/100 Metacritic (16 de xuño de 2025)
91% Rotten Tomatoes (19 de xaneiro de 2025)
7.9/10 Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt3659388 Filmaffinity: 846099 Allocine: 221524 Rottentomatoes: m/the_martian Mojo: scott2016 Allmovie: v598367 Metacritic: movie/the-martian
Facebook: MartianMovie Twitter: martianmovie Netlix: 80058399 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

The Martian é un filme estadounidense de ciencia ficción[1] dirixido por Ridley Scott que se estreou no 2015. Está protagonizado por Matt Damon e a historia baséase na novela de Andy Weir The Martian, que foi adaptada ó guión por Drew Goddard. Damon interpreta a un astronauta que é dado por morto e abandonado en Marte que ten que loitar por sobrevivir. No filme tamén aparecen Jessica Chastain, Kristen Wiig, Jeff Daniels, Michael Peña, Kate Mara, Sean Bean, Sebastian Stan, Aksel Hennie e Chiwetel Ejiofor nos papeis secundarios.

O produtor Simon Kinberg comezou a desenvolver o filme despois de que 20th Century Fox considerase a novela en marzo de 2013. Drew Goddard adaptou a novela nun guión e nun principio foi elixido para dirixilo, mais o proxecto non seguiu adiante. Ridley Scott substituíu a Goddard, e con Damon como personaxe principal, a produción obtivo a luz verde. A rodaxe comezou en novembro de 2014 e durou aproximadamente 70 días. Foron construídos preto de 20 escenarios nun estudio de Budapest, un dos meirandes do mundo. Wadi Rum en Xordania, foi usado para practicamente toda a fotografía de paisaxe do filme.

A tripulación dunha misión a Marte é sorprendida por unha tormenta e vese obrigada a abortar a misión. O astronauta Mark Watney (Matt Damon) é dado por morto e queda só no planeta vermello. Deberá usar o seu enxeño e a súa capacidade de supervivencia para facer saber á Terra que está vivo e lograr ser rescatado.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Matt Damon e Jessica Chastain intepretan a Mark Watney e a Melissa Lewis respectivamente.
  1. Festival Internacional de Cinema de Toronto (ed.). "The Martian". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2015. Consultado o 12 de agosto de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]