7.0 Public M1 versión estábel (31 de maio de 2022) 8.0 Public M1 versión estábel (31 de maio de 2023) 6.5 Public M1 versión estábel (31 de maio de 2021) 4.0 versión estábel (22 de xuño de 2017) 7.0 Public M2 versión estábel (31 de outubro de 2022) 9.0 Public M2 (31 de outubro de 2024) 9.0 Public M1 (31 de maio de 2024)
Os únicos teléfonos que incluían Tizen foron os Samsung Z1 e Z3. Desde entón, ningún outro teléfono intelixente nin reloxos intelixentes utilizaron este sistema operativo.
Aínda que inicialmente se presentou como un sistema operativo de código aberto, Tizen 2 complicou o seu modelo de licenzas. O seu SDK está construído con compoñentes de código aberto, pero o SDK completo publícase baixo unha licenza propietaria de Samsung. O propio sistema operativo comprende moitos compoñentes de código no aberto.[2][3] Non obstante, varios compoñentes internos desenvolvidos por Samsung, como a animación de arranque e as aplicacións de calendario, xestor de tarefas e reprodutor de música, publícanse baixo a licenza Flora, que probablemente non cumpre os requisitos da iniciativa de código aberto.