XM (satélites)

XM é unha serie de satélites de comunicacións pertencentes a XM Satellite Radio Holdings Inc. adicados á emisión de programas de radio dixital.[1][2][3][4][5][6][7]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites XM son satélites en órbita xeoestacionaria deseñados para emitir programación de radio dixital a usuarios en terra. Lanzáronse varios satélites desta serie, os dous primeiros (XM 1, alcumado Rock, e XM 2, Roll) o 8 de maio de 2001 e o 18 de marzo de 2001 respectivamente, cada un cunha masa de 4600 kg, ambos usando foguetes Zenit 3SL e montados co bus BSS-702 de Boeing Satellite Systems. Entre os dous emitían ata 100 canais dixitais accesibles con pequenas antenas desde terra. Os satélites estaban deseñados para consumir ata 18 kW de potencia proporcionados polos seus paneis solares, pero un problema nos mesmos disminuiu a potencia dispoñible. Ambos satélites tiñan unha esperanza de vida de 15 anos grazas ao uso de motores iónicos XIPS e levaban a bordo dous transpondedores en banda S. XM 1 foi retirado do servizo en 2016.[1][2][3][4][5][6][7]
Os dous seguintes satélites XM, o XM 3 (Rhythm) e XM 4 (Blues) foron lanzados o 1 de marzo de 2005 e o 30 de outubro de 2006, tamén mediante Zenit 3SL, usando o mesmo bus e as mesmas prestacións que os dous primeiros pero con paneis redeseñados para evitar os seus problemas de enerxía. O XM 5 foi lanzado o 14 de outubro de 2010 usando o bus SSL-1300S de Space Systems/Loral e mediante un foguete Proton M Briz-M. Cunha masa de case 6000 kg, ten unha esperanza de vida de 15 anos e usa dous reflectores de 9 m de diámetro para emitir o sinal.[1][2][3][4][5][6][7]
A terceira xeración dos satélites XM está formada polos satélites SXM 7, 8, 9 e 10, lanzados mediante Falcon 9 entre 2020 e 2025 e usando o bus SSL-1300. SXM 7 sufríu un problema na carga útil que o deixou fora de funcionamento en febreiro de 2021.[1][2][3][4][5][6][7]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]| Misión[1][2][3][4][5][6][7] | Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7] | Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7] | Notas[1][2][3][4][5][6][7] |
|---|---|---|---|
| XM 1 | 8 de maio de 2001 | Zenit 3SL | Éxito |
| XM 2 | 18 de marzo de 2001 | Zenit 3SL | Éxito |
| XM 3 | 1 de marzo de 2005 | Zenit 3SL | Éxito |
| XM 4 | 30 de outurbro de 2006 | Zenit 3SL | Éxito |
| XM 5 | 14 de outubro de 2010 | Proton M Briz-M | Éxito |
| SXM 7 | 13 de decembro de 2020 | Falcon 9 | Éxito |
| SXM 8 | 6 de xuño de 2021 | Falcon 9 | Éxito |
| SXM 9 | 5 de decembro de 2024 | Falcon 9 | Éxito |
| SXM 10 | 7 de xuño de 2025 | Falcon 9 | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 8 Gunter Dirk Krebs (2026). Gunter's Space Page, ed. "XM 1, 2 (XM Rock, Roll)" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2026.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Gunter Dirk Krebs (2026). Gunter's Space Page, ed. "XM 3, 4 (XM Rhythm, Blues)" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2026.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Gunter Dirk Krebs (2026). Gunter's Space Page, ed. "XM 5" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2026.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Gunter Dirk Krebs (2026). Gunter's Space Page, ed. "SXM 7, 8, 9, 10, 11, 12" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2026.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2026). "XM 1, 2" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2026.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2026). "XM 3, 4" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2026.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2026). "XM 5" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: XM |