Saltar ao contido

Xavier Alcalá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Xavier Alcalá Navarro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de agosto de 1947 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Miguelturra Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid - grao en enxeñaría de telecomunicación
Universidade da Coruña - Doutor en filosofía Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónEnxeñeiro, escritor
Obra
Obras destacables
Familia
Fillostres (en 1975, 1978 e 1981) Editar o valor en Wikidata
IrmánsAlfredo Alcalá Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
Facebook: xalcalan Twitter: xavier_alcala Enciclopedia Galega Universal: 70841 BNE: XX1720000 AELG: 237 BUSC: 981013404363607712 Dialnet: 464635 Musicbrainz: 5cc6b56c-26c2-45f6-8c7e-84f1e0f950ca Tebeosfera: alcala_francisco_xavier Editar o valor en Wikidata

Francisco Xavier Alcalá Navarro, máis coñecido como Xavier Alcalá, nado en Miguelturra (Cidade Real) o 19 de agosto de 1947, é un escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Viviu en Ferrol dende a infancia,[1] e estudou no Instituto Concepción Arenal desa cidade. Estudou Enxeñaría de Telecomunicación na Escola Técnica Superior de Enxeñaría e Sistemas de Telecomunicación da Universidade Politécnica de Madrid. Doutorouse en Informática no Departamento de Electrónica e Sistemas da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Foi profesor asociado de dita facultade, e impartiu docencia tamén na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade Católica Arxentina e a Escola de Organización Industrial de Madrid.

Traballou como auxiliar de laboratorio en Generale di Telefonia de Elettronica (1973-74), foi enxeñeiro de mantemento en Onuba (Teledyne Isotopes) (1974-75), director técnico rexional da Compagnie Xeral de Radiologie (Thomson-CSF) (1975-77), delegado rexional de Hispano Electrónica (1977-81), director comercial de Gaélico (1981-84), delegado técnico-comercial de Sintel (1984-86), director técnico da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (1986-88), subdirector de Sintel Noroeste (1988-94), consultor asociado a Lógica Sistemas de Información (1994-95), director técnico do Centro de Innovación e Servizos de Galicia (1995-2003), conselleiro de Emetel Sistemas e asesor de Tecnoloxías da Información e a Comunicación do Centro de Innovación e Servizos de Galicia.[2]

Colaborou con xornais como El Correo Gallego, El Mundo, Diario de Ferrol e La Voz de Galicia, con series como «Os xuramentados», «Desde a última trincheira», «O impaís», «Do caderno ó prelo». Entre 1976 e 1979 foi responsábel da sección Arco da Vella en El Ideal Gallego.[3] No Grial 229: O país dos alcumes.[4]

Foi o primeiro presidente da AGAL. Escribiu cancións para Andrés do Barro, como "Teño saudade",[5][6] "A uns ollos verdes",[7] "Rapaciña" ou "Fogar de Breogán".

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É irmán do arquitecto Alfredo Alcalá. Ten tres fillos: Santiago (1975), Luis (1978) e Inés Alcalá Baillie (1981).[8]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
Novela
Relatos

Crónicas de viaxes

[editar | editar a fonte]

Traducións

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Autobiografía na Biblioteca Virtual Galega
  2. ↑ "Francisco Xavier Alcalá Navarro". Galegos.
  3. ↑ A lingua galega: historia e actualidade. Actas do I Congreso Internacional: A Lingua Galega: Historia e Actualidade, Consello da Cultura Galega, páx. 435
  4. ↑ Alcalá, Xavier (xaneiro, febreiro, marzo 2021). "No país dos alcumes". Grial. Revista galega de cultura LIX (229): 74–77. ISSN 0017-4181.
  5. ↑ Fernández Rego, F. (2010). 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega. Ed. Toxosoutos. p. 43. ISBN 9788492792382.
  6. ↑ Araguas, V. (1991). Voces Ceibes. Xerais. p. 64. ISBN 84-7507-585-1.
  7. ↑ Fernández Rego, F. (2015). Saudade. Andrés do Barro: El músico que llevó el pop gallego al número uno de ventas. Lafonoteca. p. 94. ISBN 978-84-606-9401-4.
  8. ↑ Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. p. 17. ISBN 84-8064-113-4.
  9. ↑ Araguas, Vicente (xaneiro, febreiro, marzo 2021). "Unha cinza que se espalla". Grial. Revista galega de cultura LIX (229): 89–90. ISSN 0017-4181.
  10. ↑ "Fábula". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-11.
  11. ↑ Alcalá lendo un fragmento de Nos pagos de Huinca Loo.
  12. ↑ "Cristiano muerto". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-11.
  13. ↑ "Contra el viento". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-11.
  14. ↑ "Código Morse". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-11.
  15. ↑ "Al sur del mundo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-11.
  16. ↑ "Editorial Galaxia Entre fronteiras". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-08-22.
  17. ↑ "Entre fronteras". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-11.
  18. ↑ "En las catacumbas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-11.
  19. ↑ "Editorial Galaxia Nas catacumbas". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-08-22.
  20. ↑ "Una falsa luz". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-11.
  21. ↑ "Editorial Galaxia Verde oliva". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-08-22.
  22. ↑ Xmeyre, ~ (2018-11-14). "crítica de THE MAKING OFF (Xavier Alcalá, Galaxia)". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-22.
  23. ↑ "A mala sangre". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-10.
  24. ↑ "A capital do mundo". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-08-01.
  25. ↑ "Comandantes e familiares". Editorial Galaxia. Consultado o 2025-08-14.
  26. ↑ Bibliografía no blog de Xavier Alcalá Arquivado 05 de marzo de 2011 en Wayback Machine., contén as imaxes das portadas de tódolos seus libros.
  27. ↑ "Cuentos de las Américas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-11.
  28. ↑ "Habana flash". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-11.
  29. 1 2 Ficha do escritor na editorial Xerais

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]