Saltar ao contido

Yutu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yutu / Yutu 1
O rover Yutu sobre a superficie lunar
TipoCientífica
Data de lanzamento1 de decembro de 2013[1][2]
Foguete portadorCZ-3B[3]
Sitio de lanzamentoCentro de lanzamento de Xichang[4][3][5]
Obxectivo da misiónEstudo da Lúa.[4][3][5]
NSSDC ID2013-070C
Masa120 kg[3]

Yutu (coello de xade, en lingua chinesa) foi un róver chinés lanzado o 1 de decembro de 2013 acaroado á sonda Chang'e 3 mediante un foguete CZ-3B desde o Centro de lanzamento de Xichang para explorar a superficie da Lúa.[1][4][3][5][2]

Características

[editar | editar a fonte]

Yutu era un vehículo de 120 kg que foi despregado na superficie lunar polo aterrizador Chang'e 3 para explorar a contorna do punto de aterraxe. Foi construído por CAST (China Academy of Space Technology), tiña seis rodas e estaba alimentado por paneis solares que lle permitían funcionar durante o día lunar, mentres que pola noite o róver permanecía inactivo e quentado mediante dispositivos radioactivos (RHU, Radioactive Heater Unit) para evitar a deterioración da electrónica. Levaba a bordo 20 kg de instrumentación, incluíndo cámaras panorámicas capaces de emitir vídeo en directo, dous espectrómetros (un para o infravermello e o outro para partículas alfa e raios X) e un radar para investigar o subsolo.[1][4][3][5][2]

Tras ser despregado na zona de aterraxe mediante unha rampla, en Sinus Iridum, Yutu sufríu problemas que fixeron que despois da primeira noite lunar non puidera moverse máis. Porén, o róver seguiu funcionando durante cerca de dous anos na súa posición estacionaria, xerando ciencia ata que deixou de responder.[1][4][3][5][2]

  1. 1 2 3 4 N2YO (2026). Real Time Satellite Tracking, ed. "CHANG E 3" (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2026.
  2. 1 2 3 4 "Note verbale dated 19 May 2014 from the Permanent Mission of China to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (14-04721 (E)). 15 de xullo de 2014: 21. Consultado o 15 de febreiro de 2026.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 Gunter Dirk Krebs (2026). Gunter's Space Page, ed. "Chang'e 3, 4 (CE 3, 4) / Yutu 1, 2" (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2026.
  4. 1 2 3 4 5 NASA (28 de outubro de 2022). "Chang'e 3 Rover" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2024. Consultado o 15 de febreiro de 2026.
  5. 1 2 3 4 5 Mark Wade (2026). "Yutu" (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]