Saltar ao contido

mata

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «mata».

mata1

  • Pronuncia: /ˈmata/ (AFI)

Substantivo feminino

mata (sg: mata; pl: matas)

  1. (Botánica) Planta de pequeno tamaño con ramas abundantes.
    • Exemplo: Entre as pedras medraban varias matas pequenas.

Termos relacionados

mata2

  • Pronuncia: /ˈmata/ (AFI)

Substantivo feminino

mata (sg: mata; pl: matas)

  1. Matanza doméstica do porco.
    • Exemplo: O domingo fun á mata á casa de meus pais.

    • Exemplo: En Quins, no concello de Melón, celebrábase a Festa da Mata do Porco.

  2. Época do ano en que se mata o porco.
    • Exemplo: Só nos vemos durante a época da mata.

Sinónimos

Termos relacionados

mata3

  • Pronuncia: /ˈmata/ (AFI)

Substantivo feminino

mata (sg: mata; pl: matas)


  1. (Industria, Metalurxia) Sulfuro de cobre e ferro ou de cobre, níquel e ferro, que se obtén como fase intermedia na extracción metalúrxica do cobre e do níquel.

Referencias


Cheién

mata

  1. (Botánica) Peiote.


Tao

mata1

  • Pronuncia: /ma'ta/ (AFI)

Substantivo

mata

  1. (Anatomía) Ollo.

mata2

  • Pronuncia: /ma'ta/ (AFI)

Adxectivo

mata

  1. Cru (non cociñado).