Albons é un concello catalán da comarca do Baix Empordà na provincia de Xirona, situado ao norte da comarca na zona de contacto entre a chaira do Empordà e o macizo do Montgrí.
O lugar e a igrexa aparecen documentados a partir do século XII coas formas Alburnos, Alburnis e Albornis. O castelo da poboación está citado en documentos do século XIII. A principios do século XIV o Conde de Empúries fixo fortificar a poboación.
Agricultura de regadío e de secaño. Ganadería ovina, bovina e porcina e actividade turística.