Saltar ao contido

Antilopinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antilopinos
 Nome taxon
    Antilopinae
John Edward Gray 1821 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeArtiodactyla
FamiliaBovidae
SubfamiliaAntilopinae Editar o valor en Wikidata
Gray, 1821 Antilopinae Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/05pnz7 Editar o valor en Wikidata
ITIS552335 Editar o valor en Wikidata
OTT70835 Editar o valor en Wikidata
CoL93MRN Editar o valor en Wikidata
EOL52570047 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A dos antilopinos (Antilopinae) é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos ruminantes pertencente á familia dos bóvidos.[1][2]

Inclúe varios xéneros con numerosas especies de antílopes e gacelas, na súa maior parte presentes no continente africano.

Características xerais

[editar | editar a fonte]

Os antilopinos son antílopes de pequeno a mediano tamaño que viven en África e Asia, sobre todo en hábitats abertos e secos. As características comúns dos compoñentes deste grupo son a constitución do cranio, os dentes e os cornos. Case todas as especies teñen glándulas visíbeis diante dos ollos. É escaso o dimorfismo sexual en canto ao tamaño ou a cor da pelaxe. Nas especies máis grandes ambos os sexos adoito presentan cornos, e o comportamento social é polixínico, formando rabaños cun só macho e numerosas femias. Nas especies máis pequenas, que moitos autores adoitan chamar antílopes ananos, xeralmente só os machos presentan cornos, que son curtos, paralelos e rematados en punta; nestes animais predomina un comportamento social monógamo.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A subfamilia foi creada en 1821 polo zoólogo británico John Edward Gray, na súa obra "On the natural arrangement of Vertebrose Animals" publicada na revista London Medical Repository 15: 296–310.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome da subfamilia deriva do nome do seu xénero tipo, Antilope, e a desinencia do latín científico -ínae, propia dos nomes das subfamilias de animais. (Véxase a etimoloxía do xénero Antilope na páxina Antílopes).

Non hai unanimidade sobre cales son os xéneros que comprende esta familia.

Eudorcas thomsoni
Gazella dorcas

Segundo MSW, de Wilson e Reeder, a subfamilia Antilopinae integra os seguintes xéneros:[1]

Antilopinae

Porén, segundo o SIIT, serían os seguintes:

Antilopinae

Filoxenia

[editar | editar a fonte]

Investigacións recentes (2013) efectuadas por Bärmann et al. permitíronlles establecer as seguintes relacións filoxenéticas entre moitos dos xéneros da subfamilia dos antilopinos (que agruparon na tribo dos Antilopini).[6]

Antilopini 
 Procaprina 

 Procapra

 Raphicerina 

 Raphicerus

 Madoqua

 Dorcatragus

 Ourebina 

 Ourebia

 Antilopina 

 Saiga

 Litocranius

 Antidorcas

 Eudorcas

 Nanger

 Antilope

 Gazella

A clasificación dos antilopinos está en continua revisión, e non todos os taxonomistas están de acordo con esta visión; moitos subdividen a subfamilia en tres tribos, incluíndo o xénero Ammodorcas na tribo dos Antilopini, separan o xénero Saiga na tribo dos Saigini (no que tamén inclúen o xénero Pantholops), e sitúan os xéneros Dorcatragus, Madoqua, Neotragus, Oreotragus, Ourebia e Raphicerus na tribo dos Neotragini. (Véxanse os artigos Antilopini, Saigini e Neotragini).

  1. 1 2 3 Antilopinae en MSW.
  2. Antilopinae Gray, 1821 no ITIS.
  3. Non recoñecido polo SIIT, que sitúa as súas especies en Gazella.
  4. Non recoñecido polo SIIT, que sitúa as súas especies en Gazella.
  5. Situado nos caprinos por MSW.
  6. Eva Verena Bärmann, Gertrud Elisabeth Rössner and Gert Wörheide (2013): "A revised phylogeny of Antilopini (Bovidae, Artiodactyla) using combined mitochondrial and nuclear genes". Molecular Phylogenetics and Evolution 67 (2): 484–493.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]