Saltar ao contido

Ourebia ourebi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ourebia»)

Ourebia ourebi
 Nome taxon
    Ourebia ourebi
Eberhard August Wilhelm von Zimmermann 1783 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    O. ourebi (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
Características
 Caracterizado por
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeArtiodactyla
FamiliaBovidae
TriboNeotragini
XéneroOurebia
EspecieOurebia ourebi Editar o valor en Wikidata
(Zimmermann, 1783) Ourebia ourebi Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Período de xestación
   6,75 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/07gkwb Editar o valor en Wikidata
ITIS625112 Editar o valor en Wikidata
OTT938432 Editar o valor en Wikidata
UICN15730 Editar o valor en Wikidata
CoL4B9DC Editar o valor en Wikidata
EOL344589 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Ourebia ourebi é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.[1][2]

É unha especie monotípica, isto é, a única do seu xénero, na que se recoñecen nove subespecies,[3] unha delas extinta.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero describiuno en 1842 o zoólogo, paleontólogo e debuxante francés Charles Léopold Laurillard, in d'Orbigny, Dict. Univ. D'Hist. Nat., 1: 622.[1]

A especie fora descrita bastantes anos antes, en 1782, polo zoólogo alemán Eberhard August Wilhelm von Zimmermann, en Geogr. Gesch. Mensch. Vierf. Thiere, 3: 268.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Tanto o nome xenérico, Ourebia, como específico, oribi derivan do afrikaans oribi, probabelmente préstamo do khoisa (dialecto nama) dos hotentotes, arab.[4]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]
  • Ourebia aequatoria Heller, 1912
  • Ourebia grayi (Fitzinger, 1869)
  • Ourebia masakensis Lönnberg & Gyldenstolpe, 1925
  • Ourebia melanura (Bechstein, 1799)
  • Ourebia pitmani Ruxton, 1926
  • Ourebia scoparia (Schreber, 1836)
  • Ourebia splendida Schwarz, 1914

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Como quedou dito, recoñécense na especie nove subespecies,[3] unha delas extinta.[1][5]

  • Ourebia ourebi dorcas Schwarz, 1914
  • Ourebia ourebi gallarum Blaine, 1913
  • Ourebia ourebi haggardi (Thomas, 1895)
  • Ourebia ourebi hastata (Peters, 1852)
  • Ourebia ourebi kenyae Meinhertzhagen, 1905
  • Ourebia ourebi montana (Cretzschmar, 1826)
  • Ourebia ourebi ourebi (Zimmermann, 1783)
  • Ourebia ourebi quadriscopa (C. H. Smith, 1827)
  • Ourebia ourebi rutila Blaine, 1922

Nome vulgar

[editar | editar a fonte]

En case todos os idiomas utilízase o nome africaans que, sendo palabra aguda, en galego, como en castelán, portugués e catalán, debemos escribir oribí.

Características

[editar | editar a fonte]

O oribí é un antílope pequeno de constitución grácil, con orellas ovaladas, estreitas e rematadas en punta patas esveltas e longo pescozo. Mide entre os 75 e 115 cm lonxitude de cabeza e tronco, cunha cola de 7 a 23 cm; a súa alzada (altura na cruz) oscila entre os 47 e so 60 cm. O seu peso varía entre os 10 e 20 kg. Só o macho presenta cornos, curtos (de 15 a 19 cm), rectos, verticais e paralelos, e rematados en punta. As femias, similares aos machos (pero sen cornos) é normalmente de maior tamaño que os machos (circunstancia rara entre os antílopes). a pelaxe é suave, sedosa, de coloración xeral parda cara amarelada (semellante á das vacas rubias) na caneza e no lombo, que contrasta co ventre branco; as patas son da mesma cor que a cabeza e o lombo, e presentan unha guedella de pelos longos nos xeeonllos; a cola é rubia apardazada, escura e coa porción final negra, notoriament despregada cando o animal corre.[6][7]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

O oribí encóntrase nunha ampla variedade de hábitats, desde sabanas, arbustivas e arboradas, non lonxe de auga, chairas de inundación e pasteiros tropicais con herbas altas (de 10 a 100 cm) e pasteiros montanos a altitudes de até os 4 000 m.[6][8][9][10]

Distribución

[editar | editar a fonte]

A súa área de distribución é moi ampla na África subsahariana (de aí que teña tantas subespecies). Encóntrase en Angola, Benín, Botswana, Burkina Faso, o Camerún, o Chad, ambos os Congos (a República do Congo e a República Democrática do Congo) Costa do Marfil, Eritrea, Etiopía, Gambia, Ghana, Guinea, Guinea-Bissau, Kenya, Lesotho, Malawi, Malí, Mozambique, Níxer, Nixeria, República Centroafricana, República Surafricana, Ruanda Senegal, Serra Leoa, Somalia, Eswatini, Sudán, Sudán do Sur, Tanzania, Togo, Uganda, Zambia e Zimbabwe. Posibelmente extinta en Burundi.[11][12] (Véxase o mapa).

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Diúrno e crepuscular, e pouco activo durante as calorosas horas centrais do día, permanecendo escondido nos pasteiros altos cerca dos arbustos. Cando se sente ameazado emite asubíos agudos o esbirros ruidosos e penetrantes; así mesmo, comeza a saltar no aire coas catro patas rectas e tesas. Ten un característico paso saltarín, alternando con altos brincos ocasionais.[6][13]

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Herbívoro, come habitualmente herbas dos pasteiros, pero tamén follas de arbustos. Bebe regularmente, aínda que pode absterse de facelo durante certo tempo se é necesario.[6][8]

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Ourebia ourebi reprodúcese durante todo o ano, aínda que hai un pico de celo durante a estación seca.[14] Durante este último, todas as glándulas do macho redobran a súa actividade secretora. Isto pretende, por un lado, levar a cabo un marcado importante do territorio e, por outro, informar e ser recoñecido pola femia.[9] Efectuada a cópula, a xestación dura entre 195 e 210 días (5,5 a 6 meses). As crías nacen ao comezo da temporada de chuvias, e teñen un peso ao nacer non superior a 1,5 ou 2 kg. Destétase ao cabo de 2 meses, pero xa pode comer herba tenra á semana de nacer. Ambos os sexos acanzan a madurez sexual á idade dun ano (entre os 10 e os 14 meses).[8][15]

Lonxevidade

[editar | editar a fonte]

Viven de 8 a 12 ans, 14 en catividade.[8][14]

Depredadores

[editar | editar a fonte]

Os oribís son presas de leopardos, leóns, guepardos, servais, caracais, aguias, serpes pitóns, crocodilos, babuínos, chacais, hienas e licaóns.[8]

Relacións filoxenéticas

[editar | editar a fonte]

Nunha revisión da filoxenia da tribo dos antilopinos sobre a base de datos de xenes nucleares e mitocondriais en 2013, Eva Verena Bärmann (da Universidade de Cambridge) e os seus colegas informaron que a taxonomía do oribí é un taxon irmán de todaa todas as outras especies de antilopinos. O cladograma que presentaron baséase no estudo que realizaron en 2013.[16]

Oribi (Ourebia ourebi)

Saiga (Saiga tatarica)

Gerenuc (Litocranius walleri)

Antidorcas marsupialis

Eudorcas

Nanger

Gazella

Antílope da India (Antilope cervicapra)

Procapra

Raphicerus

Madoqua

Dorcatragus

  1. 1 2 3 4 5 Ourebia en MSW.
  2. Ourebia ourebi' (Zimmermann, 1783) no ITIS.
  3. 1 2 Ourebia Laurillard, 1842 no ITIS.
  4. oribi no Merriam-Webster Dictionary.
  5. Skinner, J. D.; Chimimba, C. T. (2006). The Mammals of the Southern African Sub-region. Cambridge, UK: Cambridge University Press. p. 696. ISBN 978-1-107-39405-6.
  6. 1 2 3 4 Dorst & Dandelot 1973, p. 266.
  7. Haltenorth & Diller 1986, p. 56.
  8. 1 2 3 4 5 Haltenorth & Diller 1986, p. 57.
  9. 1 2 Kingdon, J.; Happold, D.; Butynski, T.; Hoffmann, M.; Happold, M. & Kalina, J. (2013): Mammals of Africa. 6. London, UK: Bloomsbury Publishing Plc. pp. 404–12. ISBN 978-1-4081-2257-0.
  10. Skinner, J. D. & Chimimba, C. T. (2006): The Mammals of the Southern African Sub-region. Cambridge, UK: Cambridge University Press. pp. 696–698. ISBN 978-1-107-39405-6.
  11. IUCN (2016-01-07). "Ourebia ourebi: IUCN SSC Antelope Specialist Group: The IUCN Red List of Threatened Species 2016: e.T15730A50192202" (en inglés). doi:10.2305/iucn.uk.2016-1.rlts.t15730a50192202.en.
  12. East, R. (1999). African Antelope Database 1998. Gland, Switzerland: IUCN Species Survival Commission. pp. 290–295. ISBN 978-2-8317-0477-7.
  13. Haltenorth & Diller 1986, pp. 56-57.
  14. 1 2 Long, J. L. (2003): Introduced Mammals of the World: Their History, Distribution and Influence. Clayton, Australia: Csiro Publishing. p. 485. ISBN 978-0-643-09916-6.
  15. Mills, G. & Hes, L. (1997): The Complete Book of Southern African Mammals (1st ed.). Cape Town, South Africa: Struik Publishers. p. 266. ISBN 978-0-947430-55-9.
  16. Bärmann, E. V.; Rössner, G. E. & Wörheide, G. (2013): "A revised phylogeny of Antilopini (Bovidae, Artiodactyla) using combined mitochondrial and nuclear genes". Molecular Phylogenetics and Evolution. 67 (2): 484–493.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]